Axenda do BNG para este xoves 9 de xuño 2016
10.00 h. A GUARDA. Luis Bará, cabeza de lista do
BNG-Nós ao Congreso pola provincia de Pontevedra, reúnese
coa patroa maior da Confraría de Pescadores de A Guarda, Silvia Crespo. Estará
acompañado do portavoz municipal do BNG, Ángel Baz, así como do membro do
consello local, mariñeiro reformado e portavoz da plataforma de emigrantes
retornados da comarca, Benito Alonso ‘Mansa’. Confraría da Guarda. Rúa Baixo Muro 32.
Despois do encontro baixarase ata o porto para coñecer as novas instalacións.
12.00 h. O ROSAL. Luis Bará, realiza unha visita
aos viveiros e plantacións de aguacates do Grupo Eurobanan, dentro do proxecto
Cultivos Baixo Miño, promovidos por Xaquín Álvarez e Santos Rodríguez. Parcelas de Eurobanan. Tabagón.
22.45 h. PONTEVEDRA. Festa de inicio de campaña e
pegada de carteis coa participación (por orde de intervención) da alcaldesa en
funcións, Carme da Silva; o cabeza de lista ao Congreso, Luis Bará; a candidata
Olalla Obelleiro; e o vicepresidente provincial, César Mosquera. A música
correrá a cargo de ‘Zurrumallada’. Praza
de Ourense. 23.30 h.
BUEU. Acto central de apertura de campaña de BNG-Nós no que participará a portavoz nacional, Ana Pontón, e o candidato por Pontevedra, Luis Bará, arroupados por responsables políticos -como o alcalde de Bueu e a alcaldesa de Moaña-, militantes e simpatizantes da formación nacionalista. A pegada de cartaces (00:00h) terá lugar nun barco de pesca no peirao de Bueu, no que embarcarán os candidatos e responsables políticos, para facer un breve percorrido ao longo do porto e volver a atracar no peirao. Barco “O Purro” no peirao de Bueu diante do edificio da lonxa.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario