15 de xuño de 2016

A GUARDA

XXIª EDICIÓN DA TRAVESÍA A NADO PORTO DA GUARDA

 Será o sábado día 2 de xullo ás 12 horas


Infogauda / A Guarda

 O concello da Guarda prepárase para celebrar, o sábado día 2 de xullo ás 12 horas, unha nova Travesía a Nado Porto da Guarda, e xa será a 21ª edición desta competición. 

 Segundo sinalan desde o executivo municipal do Concello guardés "esta actividade forma parte das programadas dentro da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a festa por excelencia da localidade, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo".  

 A Travesía a Nado Porto de Guarda está promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda en colaboración co club de Remo Robaleira; o Club ALAGUA; a Confraría de Pescadores Santa Tecla; e RíoVerde motores forabordas. Nela poden participar tanto nadadores federados como non federados.   

 Existen un total de 12 categorías, 6 para homes e seis para mulleres, distribuídas do seguinte xeito:  

CATEGORÍA FEMININA                         CATEGORÍA MASCULINA
 A - Nados nos anos 2010-2016                      C - Nados nos anos 2010-2016
 B - Nados nos anos 2005-2009                       D - Nados nos anos 2005-2009
E - Nados nos anos 2001-2004                       I - Nados nos anos 2001-2004
F - Nados nos anos 1996-2000                      J - Nados nos anos 1996-2000
G - Nados nos anos 1979-1995                       K - Nados nos anos 1979-1995
  H - Nados en 1978 e anteriores                     L - Nados en 1978 e anteriores


 A distancia varía segundo a categoría. Para A, B, C, D é de 400 metros. Para o resto será de 1.200 metros. A saída será dende o Porto da Guarda, xunto á Carpa da Festa da Langosta.  

 O prazo de inscrición está aberto ata o mércores día 29 de xuño. A inscrición é gratuíta e pode realizarse na web de Reunalia. Os nadadores menores de idade necesitan autorización do pai/nai ou titor, que poden descargar na páxina web do Concello de A Guarda, para recoller o gorro. Esta recollida farase o día da proba entre as 10:30 e 11:50 horas.

  Para máis información poden chamar ó Concello da Guarda ó teléfono 986 610 000, poñerse en contacto a través do correo electrónico: deporte@aguarda.es 

 Ou consultar a web municipal  e o blog de Deportes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario