CULTURA
PREPÁRASE A EXPOSICIÓN SOBRE JOAQUÍN GARCIA PORTELA "COSTIÑA"
Terá lugar na Casa dos Alonso do 22 de xullo ao 15 de agosto
Fotograma de un dos filmes de Joaquín García Portela "Costiña"
Proxecto Socheo / A Guarda
A exposición leva por título Camiños da imaxe e dará conta da figura e da obra do fotógrafo guardés Joaquín García Portela “Costiña”. A exposición terá lugar na Casa dos Alonso do 22 de xullo ao 15 de agosto.
Este evento vai ser froito dunha estreita colaboración entre o Concello da Guarda e Proxecto Socheo. O primeiro, a través da Concellería de Cultura, fixo unha aposta decidida levando as tarefas de produción e o segundo dedicándose a comisariar.
O achado dos filmes caseiros do Costiña e a súa posterior dixitalización gracias ao CGAI, a Filmoteca de Galicia, fixo que se pensara na realización deste proxecto expositivo. Non obstante nas tarefas de investigación tivo como engadido a dixitalización das placas fotográficas conservadas polo arquivo da familia.
Beli Martínez, comisaria da exposición salienta: “é unha exposición baseada nunha serie de milagres, de descubertas que ninguén contaba con elas. Esa é a sensación que queremos transmitir coa exposición. Agardamos que este evento sirva de reclamo para atraer visitantes A Guarda e, tamén, que os guardeses desfruten e se sintan orgullosos dela”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario