16 de xuño de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA INSTA O GOBERNO MUNICIPAL A MANTER A OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO MONTE SANTA TREGA NA SÚA UBICACIÓN DE SEMPRE

Josué Álvarez (Responsable local de Converxencia Galega, en A Guarda): "O cambio de ubicación da oficina de información turística, conlevará a perda de un posto de traballo".


Un operario municipal desenvolve a labor de retirada da caseta de información turística que o Concello de A Guarda tiña na explanada do Pico de San Francisco, no Monte Santa Trega


Infogauda / A Guarda
 Josué Álvarez, como responsable local de Converxencia Galega, en A Guarda, ven de notificar o Concello guardés sobre o que considera un erro, polo cambio de ubicación da Oficina de Turismo do Monte Santa Trega, e que segundo afirma, o grupo de goberno ten á intención de pasala para o Museo do Monte. 

 O responsable local de Converxencia Galega relembra que antes a localización do posto de Información Turística, estaba xusto na estrada sen ningunha barreira. A partires de agora, seu acceso estará reducido para ás persoas con menos mobilidade, xa que haberá que subir unhas escadas. 

 Josué Álvarez afirma igualmente: "Sendo esa Oficina Turística a de maior afluencia de usuarios, creemos que os cambios teñen que ir para mellor. Dar exemplo suprimindo as barreiras arquitectónicas, e poder chegar o maior numero de turistas, e visitantes posibles. Xa que A Guarda ten uns atractivos, tanto gastronómicos, como  paisaxísticos, o comercio, o museo do Mar, Ruta das Cetáreas, O Porto, O Casco Vello, Fortaleza de Santa Cruz, e demais edificios históricos do municipio, así como igrexas, casas indianas, etc..  

 Se queremos que A Guarda teña no sector servizos unha actividade destacada, vencellada o turismo, teremos que aproveitar o lugar onde máis visitantes se contabilizan, e ofrecerlles todo o abanico de posibilidades que ten o noso municipio, así como tamén as praias, festas, programa cultural, etc., para que se queden no noso pobo". 

 Josué Álvarez engade que ademáis "ese cambio de ubicación da oficina de información turística, conlevará a perda de un posto de traballo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario