19 de abr. de 2016

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

A GUARDA HOCKEY LIÑA AMOSA BOAS SENSACIONS NA SEDE DA LIGA GALEGA NA CORUÑA


Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 O pasado domingo día 17 de abril celebrouse no Palacio dos Deportes de Riazor, da cidade da Coruña, a Sede de Liga Galega de Hockey Liña nas categorías infantil e feminina. O equipo guardés A Guarda Hockey Liña deixou moi boas sensacións sobre a pista de Riazor nas duas categorías.  

 A xornada comezou co enfrontamento contra os Peque Lóstregos de Lugo, un equipo formado polas promesas mais novas do Clube Lóstregos HL de Lugo. O equipo guardés amosou un xogo superior dende o primeiro minuto do encontro, claramente favorecidos pola diferenza de idade cos xogadores lucenses; venceron o encontro por un contundente 1-12. 

 No segundo partido os nenos e nenas de A Guarda HL enfrontáronse o CHL Meigas, tamén da cidade das murallas. Foi un encontro dominado no primeiro tempo pol@s de Lugo, ainda que os da Guarda non lle perderon a cara o marcador e tras un final do segundo período de infarto perderon por 5-6.  

 A seguir foi o turno das rapazas que se enfrontaban o CHL Alquimia InLine da Coruña no que se esperaba un partido moi igualado. Non defraudaron e ofreceron un partido épico no que tanto unhas coma outras loitaron ate a extenuación para delirio do numeroso público asistente; o partido foi un continuo ir e vir de ocasións para ámbolos equipos. Compre destacar a grande actuación de Ana González, porteira guardesa que realizou un moi bo partido con paradas determinantes. Finalmente o equipo de A Guarda Hockey Liña venceu por un marcador final de 6-4.  


 Compre indicar que para este partido o equipo feminino de A Guarda Hockey Liña xogou coa equipación do CHL Brigantium a modo de homenaxe o clube de orixe de cinco das compoñentes do plantel guardés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario