20 de abr. de 2016

A GUARDA

O BNG solicita explicacións ao PP polo desvío de fondos asignados ao Vial Tui – A Guarda 

Ángel Luis Baz Vicente (Concelleiro portavoz do BNG no Concello de A Guarda): “O BNG non da creto do pouco peso político do PP guardés na Xunta” 

Ángel Luis Baz Vicente, concelleiro portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda 

 As veces, certas decisions adoitadas polos gobernantes de turno, con uns criterios moi particulares, teñen un calado moito máis significativo do que os mesmos gobernantes puderan pensar a priori. Cando esas mesmas decisions conlevan que uns recursos destiñados inicialmente para uns fins concretos se desvíen a outros, alleos os destinatarios primeiros deses recursos, en favor de outros, significa que pudéramos estar diante dunha decisión contraria os fins primixenios. Dito de xeito máis breve: "Queren vestir a un santo, desvestindo a outro". Mala cousa. E neste caso, para á cidadanía do Baixo Miño, en particular, e para tódolos contribuíntes, en xeral.

 As reaccions a esa inxustificada e cuestionable decisión, non se fixeron agardar. E producíronse desde os máis próximos o executivo autonómico, e tamén desde as organizacions da oposición parlamentaria. E por suposto desde os concellos gobernados polo PP, como polo PSOE e o BNG. Algo haberán feito mal algúns - neste caso o goberno presidido polo Sr. Feijóo -, para esa coincidencia en rexeitar unha decisión, que todo semella indicar, que non foi a máis idónea.

O Bloque Nacionalista Galego considera unha fraude aos habitantes do Baixo Miño, en especial, aos guardeses e guardesas a eliminación da partida orzamentaria da VAC Tui - A Guarda por parte da Xunta do PP , así o manifestou no día de hoxe Ángel Luis Baz Vicente, concelleiro portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda.

 Para o BNG - engadiu Baz Vicente - é inxustificábel o baleirado de cartos que estaban perfectamente presupostados para o Tramo 1 da VAC

 Asemade, Ángel Luis Baz dixo: O BNG esixe unha explicación do PP ao pobo da Guarda por esta medida que vai deixar sen unha vía de comunicación imprescindíbel para o seu desenvolvemento e coa que nos fixeron crer que podiamos contar

 Con este desvío de fondos vese claro o pouco peso político que ten o PP guardés na Xunta e o escaso interese e aprecio que ten Feijóo pola Guarda”

 Para o BNG estamos - segundo afirmou Ángel Luis Baz - ante un episodio máis da dobre cara que ten o PP que di unha cousa na Guarda e actúa de xeito contrario na Xunta, pondo como exemplo iniciativas tan importantes como a implantación dun Servizo de Radioloxía que foi apoiado polo PP na Guarda e rexeitado polo mesmo PP no Goberno galego

 Finalmente deixamos constancia que o BNG votou a favor da proposta aprobada na sesión extraordinaria e urxente, celebrada este mércores día 20 de abril, pola Corporación Municipal do Concello de A Guarda, na que se solicita a anulación do desvío de fondos destinados á VAC Tui – A Guarda, así como a esixencia dun plan de investimentos con datas razoábeis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario