O PP aposta por afastarse do inmobilismo e ser a referencia das reformas e da centralidade política
• Alberto Pazos foi o encargado de ler un comunicado sobre os fundamentos políticos do partido e a diagnose dos cambios que son imprescindibles abordar con urxencia.
• Xerar equipos e impulsar líderes que nacen do consenso, escoitar ás bases e a rexeneración ética, claves para o futuro do partido.
• “Existe unha demanda xeneralizada da militancia de maior participación nas decisións da organización, e a súa petición non pode ser desatendida”.
Infogauda / Pontevedra
Por que se nos nega o mérito dunha evidente recuperación económica? Cales son as causas da desafección dunha parte importante do electorado do PP? Resulta necesario para a sociedade manter o proxecto popular? É necesaria a refundación do partido? Estas son as principais preguntas ás que contestou Alberto Pazos, director xeral de Política Local na Xunta de Galicia, no comunicado “1976-2016: Prólogo dun tempo novo”, que leu esta mañá durante o Congreso provincial do PP e nas que deu as claves dos cambios que hai que afrontar para manter e, no seu caso, recuperar a confianza dos votantes.
Pazos fixo un repaso á historia do partido, e detívose naqueles fundamentos políticos que están vixentes desde hai máis de 25 anos, desde a aposta por abordar reformas estruturais na economía española garantes da estabilidade, ata o compromiso europeísta, a defensa das liberdades civís, a defensa do réxime democrático nado da transición, a unidade da España plural, o impulso reformista ou o compromiso co estado de benestar. “Estes son os principios que nos aglutinan”, subliñou.
“Que non sexa necesaria unha refundación do partido non significa que podamos acomodarnos no inmobilismo. Estamos convencidos de que resulta imprescindible abordar con urxencia os problemas, co fin de continuar sendo a referencia inescusable do reformismo e a centralidade política en Pontevedra, en Galicia e en España”, defendeu. Ademais, aposta por dar maior participación á militancia nas decisións da organización, “existe unha demanda xeneralizada, e a súa petición non pode ser desatendida”.
CLAVES PARA O FUTURO
Durante a súa intervención, Pazos incidiu en que xerar equipos e impulsar líderes que nacen do consenso, escoitar ás bases e a rexeneración ética, son claves para o futuro deste partido.
No que definiu como a cultura do mérito, referiuse a xerar os mellores equipos de traballo e impulsar os mellores liderazgos, que son os que nacen do consenso maioritario. Nesta liña, propón que “hai que traballar para que este sexa o último congreso provincial que se celebra baixo a actual fórmula de voto delegado mediante compromisarios, para impulsar o voto directo dos afiliados”.
Outro dos cambios que hai que impulsar inclúe a rexeneración ética. O problema que máis ten afectado á credibilidade do partido son os múltiples casos de corrupción política que ten sufrido. Se ben é certo que nos últimos anos os gobernos do Partido Popular abordaron unha batería de reformas sen precedentes para dotar ás institucións públicas de instrumentos imprescindibles para loitar contra a lacra da corrupción, Pazos di que “non podemos obviar que, no ámbito interno da organización, aínda non logramos atopar as claves que nos permitan trasladar ao conxunto da sociedade o noso compromiso inescusable coa rexeneración”.
Por este motivo, urxe impulsar medidas, un código ético que desligue a responsabilidades xudicial das responsabilidades políticas. “Así o esixe a cidadanía, así o esixe a nosa militancia, e así o esixe a nosa historia”, engadiu. Por último, fixo referencia a que un dos grandes valores do PP é ter un discurso coherente e unha capacidade de consenso interterritorial, que deben servir de exemplo para articular un discurso coherente en relación a determinados fundamentos ideolóxicos. Neste sentido, remata dicindo que “a única fórmula para corrixir estas diverxencias é escoitar a voz das bases da organización e articular os mecanismos do diálogo interno que permitan coñecer o seu sentir maioritario”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario