6 de mar. de 2016

DEPORTES

ATLETISMO

DEPORTISTAS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA LOGRAN EN A CORUÑA, DÚAS MEDALLAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE ATLETISMO EN PISTA CUBERTA

José Antonio González Morais /A Guarda

 O día 5 de marzo, en A Coruña celebrouse o Campionato Galego de Atletismo en pista cuberta, nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil. 

 Os atletas da Sociedade Atlética do Trega que participaron nese evento deportivo foron: Álex, Hugo, Christian, Elisa, Marcela e de vixiante David.

 Un día para experimentar  o que é a pista cuberta.   

Os deportistas da imaxe, foron os compoñentes da Sociedade Atlética do Trega que participaron no Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta, celebrado en A Coruña

Elisa Morgado - a dereita da imaxe -, acadou unha medalla de bronce

 Elisa Morgado terceira ca súa medalla, foi 1ª na súa serie e treceira na xeral co tempo de 4´04" 94.    

 Álex Sierpes - a esquerda da imaxe - acadou unha medalla de prata

 Álex Sierpes foi segundo na súa serie e 2º na xeral co tempo de 3´35" 15.  

 Christian Sierpes foi 2º na súa serie co tempo de 3´45" 29.

 Marcela Morgado 4º na súa serie co tempo de 3´37" 26.

 Hugo Domínguez 5º na súa serie co tempo de 3´18" 55.

Ningún comentario:

Publicar un comentario