21 de feb. de 2016

GOIÁN

GOIÁN REMATOU O SEU ENTROIDO POR TODO O ALTO, COA QUEIMA DA TAÍÑA


A creatividade goinesa quedou de manifesto unha vez máis, no Desfile do Entroido 2016
Foto: Infogauda


Infogauda / Goián

 O pobo de Goián voltou a acreditar, unha vez máis, súa creatividade e inxenio no magnífico Desfile do Entroido que tivo lugar este domingo día 21 de febreiro, polas rúas da vila. O evento estaba anunciado para ás 16:30 h., e comezou media hora despois, o cal non foi obstáculo algún para que unha multitude de persoas se achegase ata á Avenida Ordóñez e Praza de Antonio Fernández, para seguer de preto o desenvolvemento do desfile.

 Animación, fantasía, variedade,..., e moita participación, foron para nós, os eixos fundamentais dese desfile que mantivo atentos á picariños e maiores, ata ben entrada á noite en que logo de dar á coñecer as comparsas premiadas, tería lugar a queima da Taíña, na que mesmo houbo fogos de lucería que alumearon a noite goianesa, con vivos cores. 

 Salientar que todo se desenvolveu con moita ledicia, e sen ningún tipo de incidencias. 

 O pobo de Goián, pode estar ben satisfeito da labor de tódolos participantes no desfile, e de seu máis que evidente poder de convocatoria do Entroido goianés.

GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario