21 de feb. de 2016

O ROSAL

O DESFILE - CONCURSO DO ENTROIDO DO ROSAL FOI UN ÉXITO DE PÚBLICO E DE PARTICIPACIÓN 

                 Vista parcial dos compoñentes da Comparsa Ciklón, de Tomiño                                     


Infogauda / O Rosal


 O fío do mediodía deste domingo día 21 de febreiro, púdose, finalmente, presenciar o Desfile-Concurso do Entroido que como cada ano organiza o Concello do Rosal, e que nesta edición tivo que postergarse polas inclemencias metereolóxicas. Máis finalmente, nunha mañá de auténtica primavera - ainda que teñamos por diante ainda un mes de inverno -, rosaleiros e veciños da comarca do Baixo Miño e mesmo doutros lugares, disfroitamos ollando o desfile-concurso, que no tocante á organización podería ser mellor. Pero xa se sabe, estamos de Entroido, e semella que todo vale, e o público soubo agardar pacentemente, e finalmente todo saiu do agrado de respectable.

 Houbo moita participación, non soio na categoría de individuais, senón en comparsas. Non imos destacar a ningunha delas, porque todas tiñan moito traballo, ainda que xa se sabe, unhas máis que outras. Se acaso botamos en falla, á participación de grupos do Rosal, que en edicións precedentes déronlle o Entroido rosaleiro, un toque tradicional que nesta ocasión non atinamos a ollar. Unha mágoa realmente. Cecais habería que ir pensando en incentivar á participación de colectivos do municipio, porque o fín e o cabo, do que se trata é de divertir e divertirse, e iso, sabémolo moi ben, hai certas familias rosaleiras que son verdadeiros mestres. Queda dito.

GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario