Última Barferencia de Inverno baixo o nome “15 pesetas por frete”
Este venres celébrase a última charla do ciclo “Barferencias de Inverno” organizadas polo Concello de A Guarda coa colaboración da Asociación ANABAM. A cita é no Bar Aquilino ás 20,30 horas.
Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)
O vindeiro venres día 26 de febreiro, ás 20:30 horas, no Bar Aquilino, de A Pasaxe (Camposancos), celébrase a última charla do ciclo “Barferencias de Inverno” organizadas polo Concello de A Guarda coa colaboración da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM).
Esta conferencia leva por nome “15 pesetas por frete”, e falará sobre a reportaxe que se está a gravar na zona de Camposancos sobre o contrabando de diferentes produtos coma café ou azucre entre esta vila e o norte de Portugal. Para falar sobre este tema e sobre a gravación se contará coa presencia de Fani Alonso Tamayo.
Espérase que nesta charla, coma nas anteriores, nas que se falou, por exemplo, da Talasonimia da Costa de A Guarda, da Salina do Seixal ou das escavacións no poboado de Mergelina, no Monte Santa Trega, haxa gran expectación.
O obxectivo destes encontros é presentar, e tamén achegar, aos veciños do municipio, parte dos secretos da historia da vila e tamén das súas xentes.
O Concello convida a participar nesta última charla que porá fin, ata próximas edicións, ao ciclo “Barferencias de Inverno”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario