Aprazada a marcha por Rosalía por motivos meteorolóxicos
A saída dos nenos e nenas dos colexios, a espera de confirmación, será este xoves
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal informa que "o Concello de A Guarda apraza, por motivos meteorolóxicos, a marcha por Rosalía organizada xunto aos centros escolares da vila prevista para este mércores. A espera de confirmación, esta actividade se celebrará o xoves.
Esta iniciativa consiste en que os nenos e nenas participantes sairán dende o seu centro escolar a pé portando un distintivo conmemorativo e se concentraran todos na Praza do Reló. Alí se lerá un manifesto para por en valor a figura de Rosalía de Castro e ademais se cantará a canción do poema “Adios ríos, adios fontes”. Por último se lerá un poema conxunto nas voces dos rapaces e rapazas dos distintos colexios. O obxectivo desta marcha é pór en valor a figura de Rosalía no eido dos máis cativos.
En breve será dada á coñecer a data e a hora".
Ningún comentario:
Publicar un comentario