CAMINHA-A GUARDA CAMIÑAN A
SANTIAGO
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para participar nas andainas correspondentes a etapas do Camiño Portugués da Costa ofertadas polo Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha.
O executivo municipal do Concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para participar nas andainas correspondentes a etapas do Camiño Portugués da Costa ofertadas polo Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha.
Aquelas persoas interesadas en participar poden facer efectiva a
súa inscrición a través da dirección turismo@aguarda.es , na
Oficina de Turismo do Concello da Guarda ou no teléfono 986 61 45 46. O prazo
estará aberto ata o venres 26.
Esta actividade trátase da primeira das actividades organizadas
conxuntamente pola Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da
candidatura do Esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.
As etapas do Camiño da Costa non presentan dificultades
orográficas de especial relevancia. Para completar sen maiores complicacións as
distancias de entre 20 e 30 km é máis que aconsellable exercitarse previamente
para adaptarse a estas etapas máis longas.
Os participantes deben ser responsables en todo momento de camiñar
por onde corresponda segundo o tramo: por beirarrúas, pola esquerda se os
tramos son compartidos coa circulación de vehículos, por zonas peonís en zonas
de carril bici, cruzando por paso de peóns, en definitiva respectando en todo
momento o código de circulación.
Aconséllase bastón, calzado cómodo, roupa axeitada, mochila co
avituallamento imprescindible (bebida, bocadillos). Fixaremos en cada etapa os
lugares máis axeitados para agruparse e realizar unha parada máis longa para
comer. Todosdebemos respectar ó máximo os horarios marcados porque a actividade
é conxunta e cada un de nós depende dos demais. Por iso que debemos de
adecuarnos cada un de nós ó conxunto do grupo.
Aqueles que desexen recibir a Compostela ou a acreditación de ter
realizado o Camiño deberá de selar a Credencial de Peregrino nalgúns dos
lugares por onde pase (Na saída, final de etapa e algún punto intermedio é
suficiente.
1ª
etapa
05
de marzo: Ancora (Caminha-Portugal) – Mougás (Oia) 28 km.
Saída
da Guarda: Explanada do CEIP A Sangriña ás 8.00 h.
Iremos
ata Vila Praia de Ancora onde nos xuntaremos cos participantes de Caminha cara
as 9 da mañá. Reagruparémonos en Caminha para cruzar todos xuntos no ferri, e
continuar pola Guarda, O Rosal e Oia ata rematar en Mougás na zona onde se
atopa o albergue.
2ª etapa
12 de
marzo: Mougás - Vigo 28 km
Saídaás 9
da Sangriña, onde esperaremos a que cheguen os participantes de Caminha. Desde
Mougás comezamos a camiñar cara Baiona, Nigrán polo núcleos da Ramallosa,
Panxón e rematamos esta etapa na igrexa románica de Coruxo de Vigo.
3ª etapa
02 de
abril: Vigo - Redondela: 23 km
Saída da
Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes
procedentes de Caminha. Iremos en bus ata Castrelos onde comezaremos a camiñar
logo de visitar a fermosa igrexa románica. Seguimos pola senda do Lagares,
cruzamos Vigo por Sárdoma, Senda da Auga, Chapela e a etapa conclúe no centro
de Redondela localidade na que conflúe o Camiño Portugués da Costa e o do
interior que parte de Tui.
4ª etapa
16 de
abril: Redondela - Pontevedra 21 km
Saída da
Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes
procedentes de Caminha. Abandonamos pouco a pouco a ría de Vigo polo concello
de Soutomaior. Cruzamos ó río Verdugo pola Ponte de Sampaio e dirixímonos por
varias poboacións do concello de Vilaboa e por Tomeza entramos na cidade de
Pontevedra onde nos agarda o santuario da Virxe da Peregrina.
5ª etapa
23 de
abril: Pontevedra - Caldas de Reis: 22 km
Saída da
Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes
procedentes de Caminha. Cruzamos Pontevedra pola ponte do Burgo cara pequenos
pobos de Barro e As Portas ata cruzar o Umia xa en Caldas de Reis onde finaliza
esta etapa.
6ª etapa
07 de maio:
Caldas de Reis - Padrón: 18 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos
participantes procedentes de Caminha.
Iremos cara o Concello de Valga para despedir a provincia de Pontevedra
cruzando o río Ulla por Pontecesures e entrando por Padrón xa na provincia da
Coruña.
7ª etapa
14 de maio:
Padrón - Santiago de Compostela: 25 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos
participantes procedentes de Caminha. Polos municipios de Padrón, Teo e
Ames chegamos o final da viaxe, cruzando a histórica Porta Faxeira, animada rúa
do franco e por fin a Catedral de Santiago.
RESUMO ETAPAS
05 de marzo: Âncora
(Caminha - Portugal) – Mougás (Oia)28 km.
12 de marzo: Mougás
(Oia) - Vigo 28 km
2 de abril: Vigo -
Redondela: 23 k
16 de abril:
Redondela - Pontevedra 21 km
23 de abril:
Pontevedra - Caldas de Reis: 22 km
7 de maio: Caldas
de Reis - Padrón: 18 km
14 de maio: Padrón
- Santiago de Compostela: 25 km
Máis info e inscrición en turismo@aguarda.es ou no teléfono 986 614 546
O prazo de inscrición pecha o venres
26 de febreiro
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario