15 de dec. de 2015

PONTEVEDRA

AXENDA DE CARME ADÁN ESTE MÉRCORES 16-D EN: TOMIÑO, VIGO, PONTEVEDRA E VILAGARCÍA  


Nós Candidatura Galega / Vigo

A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, estará este mércores día 16 de decembro, no mercado de Tomiño coa alcaldesa, Sandra González ás 9,30 horas. 

 Logo as 11 horas manterá un encontro coa equipa reitora da Universidade de Vigo, no que tamén estará Xavier Vence e Olaia Fernández Davila. 

 Ás 12,15 hora estará nun Encontro xunto con Lores coa Asamblea de delegados e delegadas da CIG en Pontevedra. 

 Ás 17 horas, manterá en Vilagarcía un Encontro con representantes de sectores produtivos e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa sobre o anteproxecto de Lei de Acuicultura.  

 Para rematar, ás 20,30 horas estará no acto público en Vilagarcía.  

DÍA: 16 DE DECEMBRO:   

9,30 HORAS: Paseo polo mercado de Tomiño con Sandra González, alcaldesa.  

11 HORAS: Encontro con Salustiano Mato e a equipa reitora da Universidade de Vigo no Reitorado da Universidade viguesa. Carme Adán irá con Xavier Vence e Olaia Fernández Davila. Farán declaracións ao remate.   

12,15 HORAS: Encontro coa Asamblea de delegados e delegadas da CIG en Pontevedra co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. No Pazo de Cultura de Pontevedra, no salón de actos.   

17 HORAS: Encontro con representantes de sectores produtivos e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa sobre o anteproxecto de Lei de Acuicultura. No Auditorio de Vilagarcía de Arousa.   

20,30 HORAS: Acto público en Vilagarcía de Arousa. Na Casa de Cultura no que además de Carme Adán, haberá outros oradores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario