26 de dec. de 2015

GALICIA

A AGASP finaliza o primeiro curso de especialización en mediación penal para os corpos de Policía da nosa Comunidade 

Estes 34 primeiros policías en facer o curso serán os pioneiros no noso país coma policías mediadores, os primeiros en obter este grao a nivel nacional 

O proceso de mediación policial penal esta orientado á resolución de conflitos xurdidos entre a veciñanza dunha mesma comunidade 

Pretende que os policías cheguen a poder actuar cambiando algúns parámetros relacionados coa maneira concreta de exercer a autoridade

A AGASP finaliza o primeiro curso de especialización en mediación penal para os corpos de Policía da nosa Comunidade

Infogauda / A Guarda

 A Academia Galega de Seguridade Pública rematou esta semana o primeiro curso de especialización en mediación para os corpos da Policía Local, Nacional e Autonómica da nosa comunidade. Este curso de especialización contou cunha carga horaria de 75 horas lectivas, e tras a súa superación, os alumnos son xa policías mediadores, os primeiros que obteñen este grao a nivel nacional.  

 En total, 24 alumnos procedentes da policía nacional, das comisarías de Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo e 10 alumnos da policía local dos concellos da Coruña, Ribeira, Pontevedra e Lugo).  

 Ao longo do primeiro semestre do ano 2016, realizaranse 4 edicións do curso de especialización, de xeito que no verán do próximo ano, Galicia conte con preto de 200 policías mediadores traballando ao servizo de todos os galegos. 

 Esta formación que comezou coa impartición dun curso de formación básica, continua agora coa especialización o perfeccionamento na mediación e xestión de conflitos na cal faise preciso contextualizar a xestión de conflitos e a mediación na policía coma servizo público, onde o axente debe actuar coma experto.  

 Os cursos de especialización incide en calidades dos policías tales como a capacidade de avaliar os riscos persoais, xestionar a agresividade de baixo nivel, recoñecer condutas de engano mediante a comunicación non verbal, diagnosticar os patróns de conflito máis básicos e comúns, recoñecer os casos susceptíbeis de mediación externa co obxecto de derivalos aos servizos que se poidan crear, identificar se a intervención pode ser ou non de curta duración, avaliar con rapidez a legalidade do caso, ponderar a posible eficacia da mediación, conseguir ser aceptado como interlocutor válido, potenciar o recoñecemento do outro, practicar a escoita activa, comprender os mecanismos de atribución de culpas, comunicarse eficientemente, aplicar a asertividade en situacións tensas. 

 Ademais, de evitar ou atenuar o salto cualitativo do conflito que supón a propia intervención, controlar o nivel de implicación persoal no conflito, manter ou adquirir habilidades de equilibrio persoal, controlar de forma axeitada os propios impulsos, empregar recursos de negociación, empregar técnicas de mediación policial, intervir axeitadamente con grupos e intervir de modo efectivo no espazo público.   
 Curso básico de mediación penal 
 Tras o remate no primeiro semestre dos cursos básicos de mediación policial penal, foron formados máis de 160 policías de Galicia na materia, tanto de policía nacional, UPA e policía local. diplomas entregados o pasado día 17 de novembro polo Presidente da Xunta de Galicia.  

 O proceso de mediación policial penal esta orientado á resolución de conflitos xurdidos entre a veciñanza dunha mesma comunidade, e levarase a través da adecuada formación e especialización, preténdese que os policías cheguen a poder actuar cambiando algúns parámetros relacionados coa maneira concreta de exercer a autoridade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario