14 de dec. de 2015

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

DÚAS VICTORIAS DO A GUARDA HOCKEY LIÑA NA ESTREA DA LIGA GALEGA DE HOCKEY LIÑA

A xornada foi especialmente reivindicativa, xa que o equipo guardés segue sen poder xogar na vila da Guarda por carecer esta de Pavillón polideportivo municipal e non ter ningún pavillón na Guarda coas medidas mínimas de seguridade tanto para os deportistas coma para o público

Os compoñentes do equipo A Guarda Hockey Liña despregaron unha pancarta reivindicativa no pavillón deportivo de Bouzas (Vigo)
Foto: A Guarda HL 

A Guarda HL / A Guarda

 A Guarda HL acadou o pleno de victorias na primeira sede da Liga Galega de Hockey Liña disputada o domingo día 13 de decembro, no pavillón de Bouzas.  

 O equipo guardés venceu con solvencia os seus dous compromisos cos seguintes resultados:  

ADC Alquimia InLine 0 - A Guarda HL 5 

A Guarda HL 3 - CPL Brigantium 0 

 A xornada foi especialmente reivindicativa, xa que o equipo guardés segue sen poder xogar na vila da Guarda por carecer esta de Pavillón polideportivo municipal e non ter ningún pavillón na Guarda coas medidas mínimas de seguridade tanto para os deportistas coma para o público. Esta situación ven de lonxe e parece ser que vai para largo. Os deportistas da Guarda asistiron ás mostras de solidariedade de tódolos equipos participantes en esta competición que fan propios os problemas dos guardeses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario