14 de dec. de 2015

A GUARDA

Nenos e nenas decoran as árbores de Nadal do Concello 

Os rapaces participaron nos obradoiros organizados pola Concellería de Cultura

Grupo de nenos que participaron no primeiro dos obradoiros de Nadal
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda
  
 A Concellería de Cultura do Concello de A Guarda organiza diferentes obradoiros para animar o Nadal dos nenos da vila. 



 O sábado, día 12 de decembro, celebrouse o primeiro dos talleres. Nel, quince nenas/os con idades comprendidas entre os seis e os once anos, xunto cunha monitora, fixeron diferentes adornos para as árbores do concello. 



 Os rapaces traballaron, por exemplo con goma eva, purpurina ou diferentes pinturas, para conseguir os adornos máis orixinais.  

 Unha vez terminados, os participantes no obradoiro decoraron as dúas árbores que darán a benvida a todos os veciños e veciñas que se acheguen ó Concello durante as datas de Nadal.  

 Próximas datas  
 Están previstos outros obradoiros.
  
 O vindeiro sábado día 19 de decembro, na Praza de Abastos durante a mañá, haberá animación para nenas/os.

 Por outra banda, o martes 22 de decembro de 10 a 13 horas na Casa dos Alonso, está programado un obradoiro musical e o día 29 outro taller no que farán a decoración para a recepción dos Reis Magos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario