12 de dec. de 2015

A GUARDA

Apertura da mostra “Vestidos con pincel, cosidos con agulla” no Centro Cultural 
  
Montserrat Magallanes Álvarez, Antonio Lomba Baz e Begoña Fernández Lorenzo, no acto de apertura da exposición
Fotos:C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Onte venres, día 11 de decembro, se procedeu a apertura da mostra “Vestidos con pincel, cosidos con agulla” organizada polo Museo de Pontevedra en colaboración co Concello de A Guarda, no Centro Cultural da vila.  

 No acto, que comezou ás 20,30 horas, estiveron presentes o alcalde, Antonio Lomba Baz e a Deputada Provincial e Concelleira de A Guarda, Montserrat Magallanes Álvarez, ademais da responsable de exposicións e actividades culturais da Deputación de Pontevedra, Begoña Fernández Lorenzo.  

 Estaba prevista a presenza do comisario da exposición José Luis Rodríguez pero finalmente non puido asistir xa que a mesma hora en Santiago se lle facía entrega do premio Antón Fraguas. 

Begoña Fernández - a dereita de imaxe - explicando o contido da mostra


 Begoña Fernández fixo un percorrido, aos máis de 30 persoas presentes nesta apertura, pola mostra. Así, a responsable da mostra destacou, por exemplo, o realismo do retrato de Román Navarro, algúns das pezas de Castelao ou as diferenzas entre as escenas de gala ou as de cotío.  

 A exposición estará aberta no Centro Cultural ata o 27 de decembro.  

 A mostra leva asociados dous obradoiros, un para adultos sobre “Bordado Tradicional” e outro - “Viste o teu Cadro” -, para nenos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario