12 de dec. de 2015

A GUARDA

PATRIMONIO

A ARQUEÓLOGA MAR CORTEGOSO FALARÁ SOBOR DAS SALINAS DO SEIXAL

Será o vindeiro venres día 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló)


Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda

 O vindeiro venres, día 18 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso, unha charla divulgativa sobre as salinas do Seixal, recentemente escavadas para obter as primeiras informacións das mesmas.  A charla será impartida pola directora da escavación, Mar Cortegoso quen nos dará conta sobre os primeiros resultados desta, tamén, primeira escavación.        

 ANABAM, coorganizadora, xunto co Concello da Guarda, desta charla, vai seguir traballando para conseguir que estas salinas, ou polo menos parte delas, poidan ver a luz o antes posible, poñéndoas en valor para que, tanto propios como foráneos, coñezan unha parte da historia deste pobo. 

 Non nos resistimos a que sigan permanecendo ocultas, baixo á terra, por eso xa presentamos no Concello da Guarda un escrito para traballar na dirección de adquirir unha das fincas onde se atopan parte das salinas.       

 Dado que consideramos moi interesante que os veciños da Guarda coñezan estas salinas, queremos invitar a tódalas persoas a que asistan o día da charla á Casa dos Alonso. Cremos que os guardeses deben ser partícipes deste evento, porque o que somos hoxe, debémolo ao que fixeron os nosos predecesores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario