20 de dec. de 2015

A GUARDA

PATRIMONIO

A GUARDA FOI TODA UNHA POTENCIA SALINEIRA DA GALLAECIA

Na imaxe unha das zoas de intervención arqueolóxica do Seixal (A Guarda)
Foto: Mª del Mar Cortegoso Comesaña


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Presentada por Agustín Ferreira Lorenzo, presidente da Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM), na noitiña do pasado venres, tivo lugar na Casa dos Alonso, unha conferencia organizada polo Concello de A Guarda e ANABAM, que impartiu María del Mar Cortegoso Comesaña, a arqueóloga que no pasado mes de agosto dirixiu unha escavación arqueolóxica na zoa do Seixal. Esa intervención, forma parte do programa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, con colaboración do Concello de A Guarda. Un dos motivos principais desa actuación arqueolóxica era determiñar á cronoloxía das salinas existentes nese lugar.

 Na súa presentación, Agustín Ferreira Lorenzo, informou o público que ateigaba á sala onde tivo lugar a conferencia, que a primeira referencia oral sobor deste tipo de estructuras, débese a Antonio Español Gil, membro da Agrupación Cultural Guardesa.

 Como algúns lembramos perfectamente, nos anos 80 do pasado século, unha marusía deixou a vista, na zoa de Lamosa, un enlousado, cuxa finalidade, n´un primeiro intre, ninguén se atreveu a sinalar. Ese “descobremento” motivou que posteriormente, un grupo de persoas vencelladas á Agrupación Cultural Guardesa, fixesen na mañá de un domingo, unha limpeza e sondaxe de un pequeno tramo, quedando á vista un enlousado de pedras desconcertadas. Achádego que Ricardo Rodríguez Vicente, membro da Agrupación Cultural Guardesa, comunicou por correo, a Alfredo García Alén, daquela secretario do Museo de Pontevedra.

 En posteriores prospeccións “de visu”, feitas por Rodríguez Vicente, pudose constatar que tamén hai tramos – discontínuos -, de enlousado na costa pertencente os concellos de O Rosal e de Oia. Precisamente por seren discontínuos, descartouse á posibilidade de que pudesen tratarse de camiños, dado que os enlousados, presentan nalgúns casos, obstáculos naturais - rochas vivas -, no seu trazado lonxitudinal, que interrompen a súa superficie enlousada.

 Asemade, no Boletín da Agrupación Cultural Guardesa, Antonio Ferreira Lorenzo e Antonio Español Gil, deron conta en xullo de 1984, de varios tramos de enlousados existentes preto do litoral de A Guarda.

 Con posterioridade sería Cándido Verde Andrés, quen notificaría á Xunta de Galicia, á existencia desas extructuras.

 Na conferencia do pasado venres, Agustín Ferreira Lorenzo falou tamén das pías salineiras, existentes en varios lugares da costa de A Guarda. “Nestes intres – dixo o presidente de ANABAM - temos xeolocalizadas unhas 30. Hainas exentas, e decir feitas en pedras movíbeis, e outras feitas en rocha viva (...)”.


Interesante exemplar de salina exenta, localizada no litoral marítimo de A Guarda
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

 Segundo ás nosas prospeccions persoais, as pías salineiras que coñecemos no termo municipal de A Guarda – desde as praias de Camposancos ata o límite co termo municipal de O Rosal -, poden ser tanto da época neolítica como altomedievais, e mesmo posteriores, debido a súas diferenzas tipolóxicas.


 Pormenor da zoa de intervención arqueolóxica do Seixal (A Guarda)
Foto: José Manuel Díaz Cobal

 Pola súa parte, a arqueóloga María del Mar Cortegoso Comesaña informou que “escavouse de forma manual en 52 metros cadrados para determinar a caracterización formal do xacemento, o contexto cronolóxico e cultural e a súa delimitación espacial. Tamén se realizaron dúas sondaxes en leiras particulares situadas alén da pasarela de madeira da senda litoral”.

Na soa sombreada do mapa figura O Seixal

 María del Mar Cortegoso dixo tamén que na zoa do Seixal, onde tivo lugar á intervención propiciada pola Xunta de Galicia, coa colaboura do Concello de A Guarda, puido apreciarse á existencia de restos de posibles salinas ao longo de 150 metros. As estructuras localizadas pertencen a un complexo salineiro con dez piletas de cristalización localizados, situados de forma graduada, con lousado de pedra e muretes separadores levantados con laxas.

 Localizouse un sistema de canles que abre zonas de paso para o acceso a distintas áreas da salina.

 Apareceron restos de material romano e castrexo, e mesmo o pé de un muiño navicular – exento - de pedra, da época do Neolítico, así como fragmentos de ánforas romanas.

 A cronoloxía deste tipo de industrias salineiras, pode ir desde o século I-II a. de C. ata os séculos I-III d. de C., e mesmo puderon ser utilizadas na época altomedieval.

 Segundo Mar Cortegoso non hai constancia en ningún documento, do vencello desas salinas o Mosteiro de Santa María de Oia.

 Na súa intervención, apoiada con proxeccións de material fotográfico e planos da zoa de intervención, María del Mar Cortegoso non dubidou en vencellar ás salinas romanas do Seixal co megapoboado do Monte Santa Trega, de onde, con toda probabilidade procedía á mán de obra necesaria para á explotación desa industria estratéxica, non soio pola importancia económica en sí, da sal, senón como materia prima fundamental na industria da salazón, e mesmo como instrumento - moeda - de pago.

O alcalde de A Guarda visitando os traballos arqueolóxicos desenvolvidos na zoa do Seixal, no pasado mes de agosto
Foto: C.A.G.

 A constatación das piletas de cristalización da sal mariña, por evaporación da auga do mar, debida á acción do vento e do sol, para á producción de sal, formarían, con toda probabilidade, segundo María del Mar Cortegoso, parte da última fase do proceso industrial salineiro nesa zoa.

 Tamén informou que o enlousado das piletas, levaba na súa superficie, unha capa de material - nós intuimos que podería ser tipo xabre -, sobor da cal, se facía chegar a auga do mar, e logo da correspondente cristalización, se apañana a sal.

 De tódolos xeitos, segundo dixo, ata o de agora, non foron localizados nesta intervención, e que poderían formar parte do complexo, os tanques profundos de decantación e as canles de entrada de auga, que poden estar desmontados pola acción mariña ou están baixo as terras que o longo de moitos anos foron cultivadas por veciños do municipio de A Guarda. Quedará en todo caso, para outra posíbel intervención arqueolóxica, si a hubese.

 A conferencia serviu tamén para coñecer outras explotacions salineiras en varios lugares do mundo, onde ainda hoxe se utilizan sistemas de producción de sal semellantes ás estructuras existentes na costa do Sur de Pontevedra.

 A arqueóloga agradeceu á colaboura do Concello, os técnicos da Xunta, a ANABAM e á poboación guardesa "que se mostrou moi interesada e respectuosa co xacemento e co noso traballo"

 Tamén dixo que logo da intervención arqueolóxica, procederon o tapado da zoa, porque ese é o mellor xeito de conservar ese patrimonio, xa que de non face-lo, á própia acción do mar, acabaría por facelas desaparecer. Hai que ter en conta, segundo explicou que na época de actividade desas salinas, o nivel do mar era uns 5 metros máis baixo que hoxendía.

 Pola súa parte, no turno de intervencións que houbo o remate da conferencia de María del Mar Cortegoso, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, afirmou que se está traballando para localizar os propietarios das fincas que están máis arriba da pasarela, co propósito de facilitar á labor dunha posíbel nova intervención arqueolóxica máis adiante.

 Pola importancia que tivo outrora A Guarda, na producción de sal mariña, podemos afirmar que na vella Gallaecia, o noso municipio foi toda unha potencia económica. Iso debera motivar que ás institucions - Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia - apoien á continuidade dos traballos arqueolóxicos e mesmo se contemple á musealización de un tramo das salinas existentes no termo municipal guardés, que poida ser visitable por toda á cidadanía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario