GAIVOTAS: UNHA BENDICIÓN OU UNHA PRAGA?
Estas aves están colonizando espazos privados urbans
Exemplares de crías de gaivota
Foto: Infogauda
As gaivotas están xerando molestias en varios lugares do casco urbán de A Guarda, pois está constatada súa predilección por aniñar en lugares seguros. Probablemente, para aquelas persoas que non teñan o "honor" de ter un niño desas aves no tellado das súas vivendas, o asunto lles poida parecer banal. Non é así para as familias que un ano tras outro, desde fai uns cantos, veñen aturando ás diferentes fases de reproducción das gaivotas. Como é unha problemática que ademáis das molestias que provocan, tanto de día como de noite, e xera gastos no mantemento das cubertas dos inmobles elexidos por este tipo de aves, coidamos que á Corporación Municipal de A Guarda, en xeral, e o Grupo Municipal de Goberno, de xeito especial, deben comezar a dar os pasos necesarios para na medida do posible, tentar pór solución a esa colonización que as gaivotas están levando a cabo.
Co propósito de avanzar na dirección que á sociedade civil demanda, e logo de facer ás nosas correspondentes consultas, en setembro de 2014 publicamos un artigo con unha serie de propostas para tentar paliar á problemática do aniñamento das gaivotas nos tellados dos edificios e casas. Desde aquela, non temos constancia que ninguén haxa adoitado ningunha medida cívica tendente a correxir á situación. E coidamos que xa vai sendo hora de que tanto os corporativos do Concello de A Guarda como á Xunta de Galicia, adoiten dunha vez por todas, ás medidas necesarias para que sexa posible conciliar á presenza das gaivotas co descanso e o benestar dos contribuintes. Se ninguén da os pasos necesarios, evidentemente se está contribuindo o deterioro da convivencia normal entre as gaivotas e os seres humanos. Algo que xa está dándose en varios lugares da nosa xeografía galega, xerando quebrantos de diversa índole, e como case sempre, as peor paradas son precisamente ás gaivotas. Algo haberá que facer para que o conflicto se resolva máis cedo que tarde, do xeito máis razonable posible, medio ambientalmente falando.
Desde que publicamos en Infogauda ás propostas para tentar paliar os efectos da colonización de tellados de inmobles particulares no casco urbán de A Guarda, ata o día de hoxe, tan soio temos constancia do compromiso de unha formación política - o Partido Popular de A Guarda - que tivo a ben incluir no seu programa electoral das pasadas Eleccions Municipais do 24 de maio, dentro do apartado de Medio Ambiente á proposta de "creación de un protocolo de actuacions para o control da colonia de gaivotas no núcleo urbano".
Desde Infogauda convidamos a tódolos grupos con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, a consensuar o acordo de adoitar medidas conducentes a correxir á dinámica dominante, nas que as gaivotas semellan ser ás que controlan a situación. Hai pautas que se se aplican con rigor, van a reportar resultados positivos. Se pola contra, como ten acontecido ata o de agora, se deixa que cada veciño faga o que considere oportuno, probablemente non avanzaremos na dirección axeitada, e as gaivotas terminarán por invadir un maior número de cubertas de edificios, con o cal, os quebrantos o vecindario irán en aumento. E temos constancia que algúns contribuíntes mesmo están en disposición de exercer o dereito a recramar á institución municipal os danos e perxuizos que á invasión das devanditas aves lles están ocasionando. Non imos ser nós os que alentemos a que os veciños presenten recramacions, pero podemos comprender perfectamente que o fagan, porque a pacencia tén un límite. Por iso plantexamos o seguinte dilema:
Gaivotas: Unha bendición ou unha praga?
Infogauda
Ningún comentario:
Publicar un comentario