SLÁLOM
TEIXUGOS NO CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM
Remataron como campioas galegas Andrea González, en K1 sénior; Sara Vázquez, en C1 sénior; e Marina Ruedas, en K1 júnior
Informa (Fotografías e texto): Rosa Fernández Carrera
O pasado domingo, 28 de xuño, celebrouse en Padrón, nas augas do río Ulla, o Campionato Galego de Slálom, a competición máis importante da Liga Galega de slálom. Participaron clubs galegos e portugueses, ainda que estes últimos non contaban para o medalleiro.
A competición tivo lugar ao longo de todo o día. O Club Deportivo Miño-Teixugos participou con 8 piragüistas, moitos dos cales participaron en dúas modalidades: canoa e kaiak.
Remataron como campioas galegas Andrea González, en K1 sénior; Sara Vázquez, en C1 sénior; e Marina Ruedas, en K1 júnior. Acadaron medallas de prata Laura Soutelo, en K1 júnior; Brais Castro, en C1 júnior; e Manuel Ochoa, en K1 júnior; e foron bronce Sara Vázquez, en K1 sénior; Emilio Rodríguez, en K1 sénior; Brais Castro, en K1 júnior; e Laura Alonso, en C1 sénior.
Na modalidade de patrullas, tanto o equipo feminino, formado por Laura Alonso, Andrea e Sara, coma o masculino, formado por Brais, Manuel e Emilio, resultaron gañadores, e por tanto, campións galegos.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou segundo por detrás do Club Tea de Mondariz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario