ANABAM CONMEMORA SEU XXX ANIVERSARIO
Esta asociación desenvolverá unha serie de actos que terán lugar o vindeiro venres, 10 de xullo, a partir das 8 da tarde, no Centro Cultural da Guarda
Agustín Ferreira Lorenzo
Presidente de ANABAM
Para celebrar o 30 aniversario de ANABAM, esta asociación desenvolverá unha serie de actos que terán lugar o vindeiro venres, 10 de xullo, a partir das 8 da tarde, no Centro Cultural da Guarda.
Os mesmos comezan coa inauguración da exposición do pintor afincado en Caminha, Joel Correia. Esta exposición amosará diferentes obras deste artista, onde a temática que presenta é a natureza do Baixo Miño. Esta exposición poderá visitarse dende o día 10 ata o día 29 de xullo.
ANABAM rendirá unha homenaxe á Comunidade de Montes veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos, como agradecemento á colaboración prestada a ANABAM así como a cesión dunha parcela para desenvolver un dos proxectos novedosos a nivel do estado: un "bosque" de érbedos para que se poda reproducir a bolboreta "Charaxes jasius" (bolboreta do érbedo), así como o interese amosado polo monte da súa propiedade.
Haberá un resumo, apoiado con imaxes, destes 30 anos de ANABAM no Baixo Miño.
Os actos contan coa actuación do grupo galego-portugués De outra margem e do incomparable cantaautor guardés Tino Baz.
Ao remate do acto, entre os asistentes haberá dous sorteos de viaxe dende Vigo e estancia de dous días no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, para dúas persoas cada sorteo.
Ademais do anterior, ANABAM inaugurará, o mesmo día 10, ás 7.30 da tarde, un monolito como agradecemento á Comunidade de Montes anteriormente mencionada, en lugar que se dirá oportunamente.
As entradas para este acto, gratuitas, poden recollerse no Centro Cultural da Guarda e na Academia Ferreira (Arsenios) a partir do vindeiro luns, 29 de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario