30 de xuño de 2015

A GUARDA

MAÑÁ PÉCHASE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA XX TRAVESÍA A NADO PORTO DA GUARDA 

Xa conta con máis de 130 nadadores


Informa: Concello de A Guarda


 Mañá mércores día 1 de xullo, ás 23:59 horas, péchase o prazo de inscrición para participar na XX Travesía a Nado Porto da Guarda, que terá lugar o próximo sábado día 4 de xullo, ás 18 horas.  

 Esta travesía está enmarcada dentro da programación da XXV Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que se celebrará durante toda a fin de semana no Porto da Guarda e está organizada pola concellería de Deporte do Concello coa colaboración do Club de Remo Robaleira, do Club ALAGUA, a Confraría de Pescadores Santa Tecla e Río Verde motores forabordas.  

 Como na edición anterior, a Travesía non está incluída no Circuíto de Augas Abertas polo que a distancia a percorrer é de 400 metros ou de 1.500 metros, segundo a idade do nadador.  

 Nesta proba poden participar tanto nadadores federados como aqueles que non o estean.  

 Nas listas xa hai anotados máis de 130 nadadores e espérase que se chegue ós 150. Todos aqueles interesados en participar, aínda están a tempo de facer efectiva a súa inscrición mediante a plataforma web .  

 As persoas que precisen máis información poden dirixirse directamente ó Concello da Guarda, na dirección de correo deporte@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000.

Ningún comentario:

Publicar un comentario