26 de xuño de 2015

A GUARDA

CURSO DE FORMACIÓN ACTÍVATE: MONITOR/A DE TRANSPORTE ESCOLAR 

  O curso que se oferta é Acompañante de transporte escolar que terá lugar a partir do mes de setembro. Esta actividade formativa terá un total de 40 horas lectivas. 

 Estes cursos van dirixidos, prioritariamente, a mozas/os de 16 a 35 anos que deberán presentar a súa solicitude no rexistro de entrada do Concello da Guarda entre o 1 de xullo e o 28 de agosto, acompañada do DNI. 

 No caso de contar con máis de 25 solicitudes terán prioridade as persoas desempregadas da Guarda, as persoas en activo, os desempregados doutros concello, persoas en activo doutros concellos e por último as persoas que non cumpran os requisitos de idade.  

 Máis información na OMIX do Concello da Guarda, no teléfono 986 614 546, no mail informacion@aguarda.es ou no perfil da OMIX A Guarda en facebook.

Ningún comentario:

Publicar un comentario