9 de mar. de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

CRISE E FRACASO DA POLÍTICA TURÍSTICA MUNICIPAL
                          Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
                                  Responsable Local de Converxencia Galega


 Dende que Converxencia Galega accedeu a Corporación Municipal en maio do ano 2.011, sempre estivemos escoitando o “gran discurso triunfalista de gran administradora e xestora” que a Sra. Concelleira –“multi usos”, liberada e case candidata a Alcaldía- na que nos falaba do gran éxito das súas campañas de promoción turística eran as mellores que se podían desenrrolar, e que aqueles que a criticaban era todo por “envexa”, pero agora, cos datos na mán, temos que falar da “desfeita” que esta señora ten feito e “case consolidado” no noso pobo, que únicamente somentes ocasionaron a perda de cartos, seriedade e imaxe diante daqueles que nos visitaban.

 Hai que resaltar que nestes anos estivemos preguntando polos resultados prácticos das distintas campañas desenrroladas pola Sra. Magallanes, sempre a resposta era a mesma, ¡a cantidade de premios e recoñecementos recibidos! –sin falar para nada daqueles “premios” que eran de previo pago- e sin informar da situación económica dos negocios existentes nas nosa localidade, mellorías, etc.. ¿Cantos visitantes e turistas aumentábamos anualmente? ¿Canto diñeiro se incrementaba nas inversións turísticas desenrroladas en A Guarda? ¿Canto diñeiro aportaban a economía local? Destas preguntas nunca tivemos resposta, situación que dende  Converxencia Galega consideramos que debían ser causadas por dúas situacións, por unha banda, a iñorancia do asunto que conlevaba o silencio como resposta, ou si sabía algo do tema, que os resultados foran tan catastróficos que os teña moi ben escondidos.

 Converxencia Galega estivo levando o longo destes anos unha medición do turismo na nosa localidade, usando os datos presentados polo Goberno Municipal sobre a cantidade dos visitantes que acuden o Monte de Santa Trega, e pudemos atopar estes datos, que nos consideramos patéticos, e que desminten a maioría do “fumo de xaruto” que durante estes anos intentou “vendernos” a Sra. Magallanes.


                                           2013                   2014                
Ingresos previstos: 207.580,00..........206.880,00
Ingresos reais:       162.956,00..........144.716,00
Desviación Presupostaria: -21,5%........  -30%

 Todo o anterior, nos leva a que cheguemos as seguintes conclusións:

 a).- Que os ingresos reais do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, están moi alonxados das cantidades estimadas dentro dos presupostos elaborados tanto para o ano 2.013 como para o 2.014, cunha desviación do 21,5 e 30% anual respectivamente.

 Resulta evidente que as previsións que se realizan dende o Concello están cada vez máis lonxe da realidade, posiblemente como consecuencia da incapacidade xestora de quenes teñen a obriga administrar os bens públicos e darlle o mellor uso cos mellores resultados.

 b).- A diferencia entre os ingresos reais do ano 2013 e os do 2041, supón unha caída dún 11,20%, isto ven a contabilizarse como unha perda de 18.000 turistas cara o 2.014.

 Estes números son recortados dado que ainda nos faltaría reflexar a contabilidade de ingresos e de visitantes dos negocios de hostelería e restauración que siguen aguantando a situación sin que dende o Concello se desenrrolen políticas efectivas turísticas de atracción que incrementen a súa presencia o longo do ano na nosa localidade.

A Guarda, a 05 de marzo do 2.015

                Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
             Responsable Local de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Servicios Sociais
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario