21 de xuño de 2014

TUI

O BNG RECLAMA A RETIRADA DAS SANCIÓNS IMPOSTAS AOS ESTAFADOS POLAS PREFERENTES E DENUNICA A CRIMINALIZACIÓN DA PROTESTA SOCIAL


Infogauda / Tui
 O BNG participou na manifestación celebrada  en Tui convocada pola Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño en demanda da retirada de todas as multas e sancións impostas aos estafados polas preferentes.
 Coa presenza do secretario de organización, Bieito Lobeira, e do deputado Daniel Rodas entre outros responsables políticos nacionalistas, o Bloque denuncia a “criminalización e o acoso” ao que se está a someter aos colectivos sociais que protestan na rúa polos seus lexítimos intereses e contra as políticas de recorte do PP que están a provocar emigración, paro, sufrimento e mesmo fame.
 Un dos colectivos máis afectados por esta política de contestar con represión á protesta social son os miles de galegos e galegas estafados pola banca organizados en plataformas para recuperar os seus aforros, que xa suman máis de 40 sancións, -entre 100 e 600 euros, polas manifestacións e concentracións-. Ao que se engaden as  20 sancións en materia de tráfico.
 O BNG considera “escandaloso o acoso ao que están a ser sometidos homes e mulleres de todas as idades cuxo único delito é loitar por recuperar o que lles roubou  unha banca depredadora co visto e prace do Goberno do PP, aquí e en Madrid, o mesmo goberno que deixa tirados aos miles de galegos e galegas que foron estafados e roubados”, denunciou Lobeira.

INTERNACIONAL

NUEVO REY ¿NUEVA SENSIBILIDAD? 

La RASD recuerda a Felipe VI la responsabilidad histórica de España con la descolonización del Sáhara Occidental


El presidente de la antigua provincia española y hoy República Árabe Saharaui Democrática (RASD), Mohamed Abdelaziz, ha recordado al nuevo rey, Felipe VI, la responsabilidad histórica del país con el proceso de descolonización del Sáhara Occidental.

MOVEMENTOS SOCIAIS

O berro de "pan, traballo e teito" rodeou o Parlamento


Faixa principal da manifestación 
CC BY-SA Praza Pública

O Parlamento foi rodeado, na mañá deste sábado, por unha gran marea reivindicativa convocada polas Marchas da Dignidade. "O Parlamento galego e os demais parlamentos de todo o Estado español foron secuestrados", denunciou o manifesto lido ao remate da mobilización, que centrou as súas críticas no poder financeiro, "unha mafia" que "coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios, PP e PSOE, está a roubar o que é do pobo para entregarllo ás grandes empresas".

A GUARDA

LA CASA TALLER ORGANIZA VARIAS ACTIVIDADES LÚDICAS

Sábado 21 de junio, a las 21:30 h., Cine de Terraza. Con las ctuaciones de Jairo y Aaron, musicando en directo la película de Murnau " Nosferatu "

Y el domingo 22 de junio durante el día tendremos el "Tweednic"  un picnic en bici vestidos de época. 


Gemma Marqués Redondo / A Guarda


 La Casa Taller de A Guarda, espacio de creación alternativo, gestionado por Gemma Marqués y Daniel Alonso continúa con la programación de verano. Actividades como exposiciones, conciertos, picnics en bici para dinamizar la escena cultural de la zona.   

 Como cada año La Casa Taller presenta los Ciclos de Cine de Terraza. Un lujo al alcance de todos. 

 Este sábado 21 de junio a las 21.30 horas tendremos a  los miembros de la banda guardesa Asegún, Jairo y Aaron musicando en directo la película de Murnau " Nosferatu " de 1922.   

 Y el domingo 22 de junio durante el día tendremos el "Tweednic"  un picnic en bici vestidos de época. 

 Paseo, merendola, música y baile al aire libre. No os olvidéis las pamelas, vestidos de cuadros, flores, cestas...

 Salida a  las 12 de la mañana en ‪ La Casa Taller, con la comida y la bici bonita! 

 Los niños son bienvenidos. Cada uno es responsable de su seguridad. 

 Regreso sobre las 5 de la tarde al puerto de A Guarda.  

 También continuamos con la exposición de Tamara Castro "Adrift in space" para The Loopholes band y El Ganso. 

 Entrada libre a todos los eventos. 

MOVEMENTOS SOCIAIS

Celebra o San Xoán, pero non maltrates o medio ambiente


San Xoán na praia de Riazor da Coruña 
CC BY Ignorant Walking

Este vindeiro luns celébrase a noite do lume novo, na que milleiros de cacharelas iluminarán o ceo e na que todo o aire ulirá a madeira, a fume e a sardiñas. ADEGA ofrece unha serie de recomendacións para que a celebración non prexudique a contorna. 

TUI

A XORNADA DE MANIFESTACIÓN CULMINOU COA LECTURA DE UN MANIFESTO ESIXINDO Á RETIRADA DAS SANCIÓNS ÓS AFECTADOS POLAS PREFERENTES

Yolanda Domínguez Viñas, acompañada por Domitila e outras afectadas polas preferentes e subordinadas, no decurso da lectura do manifesto, este sábado, na Casa do Concello de Tui, logo de manifestación contra á represión que están sofrendo varias persoas por loitar pola recuperación dos seus aforros - Foto: Milagros Álvarez


MANIFESTO A PROL DA RETIRADA DAS SANCIÓNS ÓS AFECTADOS POLAS PREFERENTES
 Bós días a todos, vou ser moi breve porque en realidade hai moito que dicir, pero moi pouco que non se saiba xa.

 É para mín unha honra inmerecida que me pedisen intervir neste manifesto, ó fin e ó cabo os meus aforros eran poucos e se supón que aínda teño media vida por diante.

 Os verdadeiros herois desta historia son os nosos pais e avós: Tila, Asensio, Encarna, Elvira, Nieves, Floriano, Ricardo, Lupe..., traballadores arreo, moitos deles emigrantes...

 Buscaron un futuro, unha peseta para o día de mañá, e dun plumazo desapareceron "o mañá" e "a peseta" convertíndose o futuro, neste PRESENTE PESTILENTE.

 Cando pensaban poder descansar, foi cando en realidade comezaron o seu calvario e a súa loita sen tregua...

 Arrastro, polas rúas, batendo co naris e toda canta porta petamos...

Todo o mundo comprende, todo o mundo se solidariza, pero solidariedade e comprensión rematan cando resultas incómodo.

 Porque resulta moito máis doado facerse o xordo cando o problema non nos atañe de xeito directo. E aínda cando nos toca perto, é mellor deixar que outros nos saquen as castañas do lume... Moitos quedaron na casa, a espera de que o fixésemos por eles...

Así foi:

  • Demos a cara POR TODOS
  • Loitamos POR TODOS
  • Recibimos paus e incomprensión POR TODOS
  • Nos viraron as costas POR TODOS
  • Nos criticaron POR TODOS
  • Quixeron afundirnos POR TODOS
  • Quixeron amedrentarnos e quitarnos das rúas, onde estábamos, e onde aínda estamos POR TODOS.

  Incluso fomos acusados de politizar as plataformas, e digo eu: ¿A algún de vós, alguén vos pediu un carnet de afiliado a algún partido político para loitar polos vosos aforros?

 Foron os amiguiños deste governo os primeiros en recuperar os cartos.

 Pensaron que ían poder con nós, pero a criada saíulles respondona. Entón usaron a política do medo: SANCIÓNS.

 Sancións desorbitadas por delitos que non cometemos...

                            NOS ROUBA O BANCO

                            NOS ROUBA O GOVERNO CENTRAL

                          NOS ROUBA O GOVERNO LOCAL, os nosos veciños, eses cos que nos cruzamos a diario.

 ¿E aínda non entenderon que imos seguir esixindo o noso?

 IMOS SEGUIR ESIXINDO O NOSO ONDE QUEIRA QUE SEXA PRECISO.

                           ESIXIMOS A RETIRADA DAS SANCIÓNS
                           ESIXIMOS A RETIRADA DAS SANCIÓNS
                           ESIXIMOS A RETIRADA DAS SANCIÓNS

 Porque poden roubarnos.... ATA A VIDA!

 Pero hai algo que nos sobra e que xamais nos poderán arrebatar: A DIGNIDADE!!!

                                                                                   (Yoli Viñas dixit)


 Fotos: Milagros Álvarez


MOVEMENTOS SOCIAIS

HOXE TUI FOI UN CLAMOR CONTRA ÁS SANCIÓNS OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS


 Reportaxe fotográfica: Milagros Álvarez







A GUARDA

A POETISA E PINTORA CHUNY VÁZQUEZ VICENTE SERÁ Á PREGOEIRA DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2014

Celebraranse do 1 o 11 de agosto

Chuny Vázquez Vicente, recitando un poema
© INFOGAUDA

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

A poetisa e pintora María Asunción Vázquez Vicente (Chuny Vázquez), será á pregoeira das Festas do Monte Santa Trega, 2014, que terán lugar no pobo de A Guarda, do 1 ao 11 de agosto.

Chuny Vázquez, filla de Alfredo Vázquez Palacios e de María Vicente Rodríguez, naceu en A Guarda, o 22 de xaneiro de 1952. De seu pai, que foi un creativo pintor costumbrista, herdou o maxín artístico. E de súa nai, que ademáis de esposa e ama de casa, traballou de costureira, acadaría os valores - verdadeiros tesouros inmateriais  -necesarios para ser á formidable persoa que é. Activa, sensíbel, serea, solidaria,... 

Chuny Vázquez Vicente casou con José Luis Alonso Álvarez o 20 de maio de 1973. O matrimonio ten dous fillos: Francisco José (Kiko) e María Alonso Vicente.


Ademáis da súa labor no estabrecemento familiar, Chuny Vázquez é co-fundadora da Agrupación Cultural Guardesa. Ten participado na organización de diferentes actos culturais, así como en recitais poéticos. 

E autora de varios libros de poesía: Las Palabras se gastaron, (1983);  Poéticos Mensajes, (1985); El Canto del Sentimiento, (1987); Estrella de Fuego, (1989); De un Tiempo ya Vivido, (1989); Madre quiero ser tu Hija, (1993); Reflexiones, Desde el Fondo del Alma, (1997); Canto a nuestro Dios (2003).

Chuny é autora da letra do “Canto A Guarda”,  “Aquí estoy, aquí te espero”, “Caminamos creciendo”, ou “Celebremos o Nadal”, musicadas as dúas primeiras por José Luís  Lorenzo Rodríguez; César Lorenzo, e María José Baz Martínez.

Formou parte do Grupo de gaitas "Orballo", así como da Rondalla do Recreo Artístico Guardés e do Grupo Antorcha.

Participou en diversas exposicions colectivas en A Guarda, Tui, O Grove, Vigo, Pontevedra e Tomiño.

Asemade, de xeito individual, ten exposto súa obra en varias oportunidades, tanto en A Guarda, como noutras vilas e cidades (O Rosal, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Baiona., O Porriño, Tui, Ponteareas, Pontevedra, Póvoa de Varzim,...). 

En 1992, restaurou de xeito totalmente desinteresado os murais existentes no Bar Ligero, “O Barquiño” que facía 36 anos, había pintado seu pai.

A obra pictórica de Chuny Vázquez atópase en dependencias municipais de A Guarda, O Porriño, Ponteareas, así como en coleccións privadas de España, EE.UU., Sudamérica, Holanda, Italia, Suiza, Portugal,... 

Pola súa traxectoria creativa, Chuny Vázquez Vicente é unha das guardesas con maior proxección.

A Agrupación Cultural Guardesa adicoulle a Chuny Vázquez, en 1998, o Día das Letras Galegas.

Por todo iso que vimos de reseñar de xeito resumido, e sobor de todo polo seu talante solidario, queremos salientar que sen ningún xénero de dúbidas, a elección de Chuny Vázquez Vicente como pregoeira das Festas do Monte Santa Trega, 2014, é todo un acerto por parte da Asociación O Cancelón.

MOVEMENTOS SOCIAIS

AS VOSAS IMAXES


AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DENUNCIAN EN TUI Á REPRESIÓN QUE SOFREN POLA LEXÍTIMA DEFENSA DOS SEUS AFORROS E REXEITAN AS DENUNCIAN AS SANCIONS ECONÓMICAS QUE LLES FORON IMPOSTAS


Reportaxe fotográfica: Milagros Álvarez









A GUARDA

O CENTRO SAN XEROME INAUGURA UNHA SALA DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL SNOETZLEN CO APOIO DA FUNDACIÓN “SOLIDARIDAD CARREFOUR”


  Centro San Xerome / A Guarda

  Este recurso  permitirá  mellorar o desenrolo e calidade de vida de nenos e xoves con discapacidade intelectual da Comarca do Baixo Miño.

 A Fundación “Solidaridad Carrefour” e a Asociación S. Xerome Emiliani inauguraron este venres  20 de xuño unha Sala de Estimulación Multisensorial que permitirá mellorar o desenrolo e a calidade de vida dos nenos e xoves con discapacidad intelectual.


 O Acto, que tivo lugar  no Centro S. Xerome Emiliani, contou coa presenza  da Presidenta da Asociación S.Xerome Emiliani, Asunción Dacuña Pacheco; o Responsable  rexional de explotación Noroeste de Hipermercados Carrefour, Gabriel García  e o Responsable rexional de explotación  Galicia de Carrefour Market, José Alvarez Penín.


 O novo servizo, está deseñado para  potenciar o desenrolo físico, sensorial, cognitivo e psicosocial dos usuarios do Centro S. Xerome. A Fundación “Solidaridad Carrefour”, financiou este Proxecto con 30.000 €.

 As salas de estimulación multisensorial Snoezelen comenzaron a utilizarse como recurso terapéutico en Holanda nos años 70, a partir da creación dun cuarto de estimulación sensorial adicado a persoas con discapacidad intelectual.

 A utilización da Sala Snoezelen  basase  en cuatro aspectos básicos no desenrolo das persoas:

- Atención individualizada
- Estimulación sensorial
- Terapia a través de actividades lúdicas
- Relaxación


 A nova Sala do Centro San Xerome, está equipada con diferentes recursos  para potenciar os estímulos visuais, táctiles, olfativos e auditivos. Dispón ademáis de outros obxetos especiais, como unha cama de auga musical, unha hamaca de teito, un pasillo de sensacións plantares, paneles de espellos e tubos de burbullas, etc.

  Este espazo permitirá que os usuarios expostos a estímulos controlados poidan adquirir aprendizaxes a través do descubrimento e o desenrolo das suas potencialidades.

 Entre  os seus obxectivos, a Sala de  estimulación,  pretende favorecer os usuarios a obtención de novas habilidades, a relación co entorno ou o coñecemento do seu propio corpo, ademáis de fomentar a comunicación non verbal e a conducta social.

A GUARDA

O CLUB DE REMO ROBALEIRA PROMOVE A ESCOLA DE VERÁN


Comezo: Martes 1 de xullo, ás 10:00 da mañá.
Idade: Maiores de 9 anos.

A GUARDA

AS VOSAS IMAXES

TORNEO DE FÚTBOL FESTAS VIRXEN DO CARME, 2014


Reportaxe fotográfica: Emilio Baz Pacheco






LABORAL

Os interesados en facerse cunha destas bolsas poderán presentar as súas solicitudes ao longo do próximo mes

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCARÁ AS NOVAS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL NA PRIMEIRA SEMANA DE XULLO


·       A Xunta de Goberno tamén aprobou a prórroga por 6 meses máis das 500 primeira bolsas concedidas para prácticas en empresas
A Deputación de Pontevedra convocará as novas bolsas de práctica laboral en empresas nos primeiros días de xullo. Así o anunciou esta mañá o presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, que subliñou que na semana próxima se procederá á selección definitiva das empresas e, unha vez pechada esta selección e coñecido o perfil dos bolseiros que demandan, se sacará a convocatoria para mozos e mozas titulados que desexen acollerse a esta iniciativa.

Os titulados universitarios e de formación profesional que desexen acollerse a esta convocatoria disporán de todo o mes de xullo para presentar as súas solicitudes. Deberán ter rematado os seus estudos despois do 1 de xaneiro de 2005, carecer de experiencia laboral previa na titulación na que van realizar as prácticas e non poderán ser beneficiarios na actualidade de ningún dos plans de práctica laboral postos en marcha pola Deputación.

Lista de empresas admitidas
Na vindeira semana farase pública a lista de empresas admitidas e excluídas deste plan, así como o número de bolsas que se lle concederá a cada unha.

Con estes datos, elaborarase a convocatoria para mozos e mozas titulados, tendo en conta as titulacións e perfís que demandan ás empresas.

O obxectivo é, segundo indicou o presidente da Deputación na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, que os aspirantes a estas bolsas dispoñan de practicamente un mes para a presentación de solicitudes, para realizar a posterior selección nos meses de xullo e principios de setembro e que “en setembro-outubro poidan estar traballando”.

Prórroga das 500 xa en marcha
Estas bolsas sumaranse ás 500 xa concedidas no primeiro plan de práctica en empresas e que permitiu que outros tantos mozos e mozas comezasen a traballar o primeiro día hábil de xaneiro en diferentes empresas e entidades da provincia.

Esas bolsas, que remataban este 30 de xuño, foron prorrogadas pola Xunta de Goberno por outros seis meses, de forma que “eses 500 mozos e mozas van traballar ata final de ano e agardamos que de aí saia a súa continuidade no mercado laboral, ben na mesma empresa ben noutra na que poidan estar traballando”.

“Cumprimos cos que están –asegurou Rafael Louzán– e dámoslle unha nova oportunidade aos que poidan vir” coa nova convocatoria de prazas que se abrirá agora.


O titular da deputación cualificou estes plans como “moi necesarios, porque son moitas as persoas con formación que non teñen esa primeira oportunidade laboral”.

VALENÇA

Ecopista de Valença chega a Cerveira

Valença finaliza ampliação da Ecopista do Rio Minho
Vitor Salvador / Valença

         A Câmara Municipal de Valença está a executar a empreitada final de pavimentação, com betuminoso poroso, cor tijolo, da ampliação da Ecopista até aos limites com Vila Nova de Cerveira.

        Esta empreitada final decorre entre a ponte romana da Veiga da Mira e os limites com Vila Nova de Cerveira, no Parque  dos  Montorros e implica um investimento de 155 mil euros.

        Com a conclusão desta ampliação da Ecopista toda a orla ribeirinha de Valença passa a ter um corredor verde que já liga a norte até à vila de Monção e em breve até sul da vila de Cerveira.

        O corredor verde da Ecopista do Rio Minho de Valença permite uma pista com excelentes condições para passear, correr, andar de bicicleta ou de skate.  Uma via que permite uma ligação privilegiada com o rio Minho e a as suas florestas ripícolas protegidas pela Rede Natura 2000. Um contato privilegiado com o Biótipo da Veiga da Mira, o Observatório de Avifauna de Friestas, os cais tradicionais de pesca de Segadães e de São Pedro da Torre.

        Uma riqueza sem par que já mereceu o prémio da quarta melhor via verde da Europa.

        Esta obra vai ser financiada pelo QREN – ON 2 – eixo 3.


        Para Jorge Salgueiro Mendes “A população da parte sul do concelho também já beneficia da Ecopista. Desejo que desfrutem deste novo espaço, uma estrutura que veio incentivar hábitos de vida saudáveis e melhorar a qualidade de vida dos valencianos”.

ACTUALIDADE

Más del 90% de los estudiantes aprueba en Galicia

GALICIA

El 22-M rodea este sábado el Parlamento gallego con el apoyo de AGE y BNG 

Cartel de la movilización

Al apoyo decidido de Alternativa a las Marchas de la Dignidad se une ahora el Bloque, que secunda las demandas de las organizaciones que apelan a rodear la Cámara autonómica reclamando "pan, trabajo y techo".