A XORNADA DE MANIFESTACIÓN CULMINOU COA LECTURA DE UN MANIFESTO ESIXINDO Á RETIRADA DAS SANCIÓNS ÓS AFECTADOS POLAS PREFERENTES
Yolanda Domínguez Viñas, acompañada por Domitila e outras afectadas polas preferentes e subordinadas, no decurso da lectura do manifesto, este sábado, na Casa do Concello de Tui, logo de manifestación contra á represión que están sofrendo varias persoas por loitar pola recuperación dos seus aforros - Foto: Milagros Álvarez
MANIFESTO A PROL DA RETIRADA DAS SANCIÓNS ÓS AFECTADOS POLAS PREFERENTES
Bós días a todos, vou ser moi breve porque en realidade hai moito que dicir, pero moi pouco que non se saiba xa.
É para mín unha honra inmerecida que me pedisen intervir neste manifesto, ó fin e ó cabo os meus aforros eran poucos e se supón que aínda teño media vida por diante.
Os verdadeiros herois desta historia son os nosos pais e avós: Tila, Asensio, Encarna, Elvira, Nieves, Floriano, Ricardo, Lupe..., traballadores arreo, moitos deles emigrantes...
Buscaron un futuro, unha peseta para o día de mañá, e dun plumazo desapareceron "o mañá" e "a peseta" convertíndose o futuro, neste PRESENTE PESTILENTE.
Cando pensaban poder descansar, foi cando en realidade comezaron o seu calvario e a súa loita sen tregua...
Arrastro, polas rúas, batendo co naris e toda canta porta petamos...
Todo o mundo comprende, todo o mundo se solidariza, pero solidariedade e comprensión rematan cando resultas incómodo.
Porque resulta moito máis doado facerse o xordo cando o problema non nos atañe de xeito directo. E aínda cando nos toca perto, é mellor deixar que outros nos saquen as castañas do lume... Moitos quedaron na casa, a espera de que o fixésemos por eles...
Así foi:
- Demos a cara POR TODOS
- Loitamos POR TODOS
- Recibimos paus e incomprensión POR TODOS
- Nos viraron as costas POR TODOS
- Nos criticaron POR TODOS
- Quixeron afundirnos POR TODOS
- Quixeron amedrentarnos e quitarnos das rúas, onde estábamos, e onde aínda estamos POR TODOS.
Incluso fomos acusados de politizar as plataformas, e digo eu: ¿A algún de vós, alguén vos pediu un carnet de afiliado a algún partido político para loitar polos vosos aforros?
Foron os amiguiños deste governo os primeiros en recuperar os cartos.
Pensaron que ían poder con nós, pero a criada saíulles respondona. Entón usaron a política do medo: SANCIÓNS.
Sancións desorbitadas por delitos que non cometemos...
NOS ROUBA O BANCO
NOS ROUBA O GOVERNO CENTRAL
NOS ROUBA O GOVERNO LOCAL, os nosos veciños, eses cos que nos cruzamos a diario.
¿E aínda non entenderon que imos seguir esixindo o noso?
IMOS SEGUIR ESIXINDO O NOSO ONDE QUEIRA QUE SEXA PRECISO.
ESIXIMOS A RETIRADA DAS SANCIÓNS
ESIXIMOS A RETIRADA DAS SANCIÓNS
ESIXIMOS A RETIRADA DAS SANCIÓNS
Porque poden roubarnos.... ATA A VIDA!
Pero hai algo que nos sobra e que xamais nos poderán arrebatar: A DIGNIDADE!!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario