21 de xuño de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

O berro de "pan, traballo e teito" rodeou o Parlamento


Faixa principal da manifestación 
CC BY-SA Praza Pública

O Parlamento foi rodeado, na mañá deste sábado, por unha gran marea reivindicativa convocada polas Marchas da Dignidade. "O Parlamento galego e os demais parlamentos de todo o Estado español foron secuestrados", denunciou o manifesto lido ao remate da mobilización, que centrou as súas críticas no poder financeiro, "unha mafia" que "coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios, PP e PSOE, está a roubar o que é do pobo para entregarllo ás grandes empresas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario