O CENTRO SAN XEROME INAUGURA UNHA SALA DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL SNOETZLEN CO APOIO DA FUNDACIÓN “SOLIDARIDAD CARREFOUR”
Centro San Xerome / A Guarda
Este recurso permitirá mellorar o desenrolo e calidade de vida de nenos e xoves con discapacidade intelectual da Comarca do Baixo Miño.
Este recurso permitirá mellorar o desenrolo e calidade de vida de nenos e xoves con discapacidade intelectual da Comarca do Baixo Miño.
O Acto, que tivo lugar no Centro S. Xerome Emiliani, contou coa
presenza da Presidenta da Asociación S.Xerome
Emiliani, Asunción Dacuña Pacheco; o Responsable rexional de explotación Noroeste de
Hipermercados Carrefour, Gabriel García
e o Responsable rexional de explotación
Galicia de Carrefour Market, José Alvarez Penín.
O novo servizo, está deseñado
para potenciar o desenrolo físico,
sensorial, cognitivo e psicosocial dos usuarios do Centro S. Xerome. A
Fundación “Solidaridad Carrefour”, financiou este Proxecto con 30.000 €.
As salas de estimulación
multisensorial Snoezelen comenzaron a utilizarse como recurso terapéutico en
Holanda nos años 70, a
partir da creación dun cuarto de estimulación sensorial adicado a persoas con
discapacidad intelectual.
- Atención individualizada
- Estimulación sensorial
- Terapia a través de actividades lúdicas
- Relaxación
A nova Sala do Centro San Xerome,
está equipada con diferentes recursos
para potenciar os estímulos visuais, táctiles, olfativos e auditivos.
Dispón ademáis de outros obxetos especiais, como unha cama de auga musical,
unha hamaca de teito, un pasillo de sensacións plantares, paneles de espellos e
tubos de burbullas, etc.
Este espazo permitirá que os
usuarios expostos a estímulos controlados poidan adquirir aprendizaxes a través
do descubrimento e o desenrolo das suas potencialidades.
Entre os seus obxectivos, a Sala de estimulación,
pretende favorecer os usuarios a obtención de novas habilidades, a
relación co entorno ou o coñecemento do seu propio corpo, ademáis de fomentar a
comunicación non verbal e a conducta social.


Ningún comentario:
Publicar un comentario