21 de xuño de 2014

A GUARDA

A POETISA E PINTORA CHUNY VÁZQUEZ VICENTE SERÁ Á PREGOEIRA DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2014

Celebraranse do 1 o 11 de agosto

Chuny Vázquez Vicente, recitando un poema
© INFOGAUDA

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

A poetisa e pintora María Asunción Vázquez Vicente (Chuny Vázquez), será á pregoeira das Festas do Monte Santa Trega, 2014, que terán lugar no pobo de A Guarda, do 1 ao 11 de agosto.

Chuny Vázquez, filla de Alfredo Vázquez Palacios e de María Vicente Rodríguez, naceu en A Guarda, o 22 de xaneiro de 1952. De seu pai, que foi un creativo pintor costumbrista, herdou o maxín artístico. E de súa nai, que ademáis de esposa e ama de casa, traballou de costureira, acadaría os valores - verdadeiros tesouros inmateriais  -necesarios para ser á formidable persoa que é. Activa, sensíbel, serea, solidaria,... 

Chuny Vázquez Vicente casou con José Luis Alonso Álvarez o 20 de maio de 1973. O matrimonio ten dous fillos: Francisco José (Kiko) e María Alonso Vicente.


Ademáis da súa labor no estabrecemento familiar, Chuny Vázquez é co-fundadora da Agrupación Cultural Guardesa. Ten participado na organización de diferentes actos culturais, así como en recitais poéticos. 

E autora de varios libros de poesía: Las Palabras se gastaron, (1983);  Poéticos Mensajes, (1985); El Canto del Sentimiento, (1987); Estrella de Fuego, (1989); De un Tiempo ya Vivido, (1989); Madre quiero ser tu Hija, (1993); Reflexiones, Desde el Fondo del Alma, (1997); Canto a nuestro Dios (2003).

Chuny é autora da letra do “Canto A Guarda”,  “Aquí estoy, aquí te espero”, “Caminamos creciendo”, ou “Celebremos o Nadal”, musicadas as dúas primeiras por José Luís  Lorenzo Rodríguez; César Lorenzo, e María José Baz Martínez.

Formou parte do Grupo de gaitas "Orballo", así como da Rondalla do Recreo Artístico Guardés e do Grupo Antorcha.

Participou en diversas exposicions colectivas en A Guarda, Tui, O Grove, Vigo, Pontevedra e Tomiño.

Asemade, de xeito individual, ten exposto súa obra en varias oportunidades, tanto en A Guarda, como noutras vilas e cidades (O Rosal, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Baiona., O Porriño, Tui, Ponteareas, Pontevedra, Póvoa de Varzim,...). 

En 1992, restaurou de xeito totalmente desinteresado os murais existentes no Bar Ligero, “O Barquiño” que facía 36 anos, había pintado seu pai.

A obra pictórica de Chuny Vázquez atópase en dependencias municipais de A Guarda, O Porriño, Ponteareas, así como en coleccións privadas de España, EE.UU., Sudamérica, Holanda, Italia, Suiza, Portugal,... 

Pola súa traxectoria creativa, Chuny Vázquez Vicente é unha das guardesas con maior proxección.

A Agrupación Cultural Guardesa adicoulle a Chuny Vázquez, en 1998, o Día das Letras Galegas.

Por todo iso que vimos de reseñar de xeito resumido, e sobor de todo polo seu talante solidario, queremos salientar que sen ningún xénero de dúbidas, a elección de Chuny Vázquez Vicente como pregoeira das Festas do Monte Santa Trega, 2014, é todo un acerto por parte da Asociación O Cancelón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario