CATRO COLECTIVOS OIENSES PROMOVEN UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES PARA FAMILIAS SEN RECURSOS
Raquel Pérez Fernández
AEDL Concello de Oia
Catro colectivos de Oia (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Oia, Anpa do Colexio Mestre Manuel García, Grupo folclórico Tra-lo Mosteiro e A Comisión de festas de Santa María de Oia) puxeron en marcha unha campaña de recollida de alimentos e de xoguetes para as familias máis desfavorecidas do municipio.
Estes colectivos posteriormente entregarán ó Concello os alimentos e xoguetes recollidos, e este, será o que a través do Departamento de Servizos Sociais, os reparta.
As persoas interesadas poderán realizar as súas aportacións nos dous Colexios do Municipio (Mestre Manuel García en Oia e CEIP Refoxos en Loureza), na Escola Infantil (Santa María de Oia), ou nas Dependencias Municipais. En todos estes lugares, poderán realizarse as aportacións durante o seu horario de funcionamento habitual. Así mesmo, poden entregarse tamén no Centro Cultural de A Riña (Santa María de Oia) os martes e xoves de 16.00 a 17.00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario