CONVERXENCIA GALEGA RELÉMBRALLE O GRUPO DE GOBERNO Á TITULACIÓN ACADÉMICA QUE DEBEN POSUIR OS AXENTES DA POLICÍA LOCAL
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
A concelleira Beatriz Estévez Álvarez, pertencente o Grupo Municipal Converxencia Galega, ven de facer público o contido do escrito presentado no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, e no que dí o seguinte:
FORMACION ACADÉMICA DA POLICÍA LOCAL
Beatriz Estévez Álvarez, en calidade de Concelleira-Portavoz de
Converxencia Galega,
E X P
O N:
A
Lei 4/2007 da Xunta de Galicia (Lei de Coordinación das Policías Locais de
Galicia), establece que un dos requisitos para ser Policía Local é estar en
posesión da titulación académica oficial, que para o caso do GRUPO-1, é a de
Bacharelato, Formación Profesional de 2º grado ou equivalente.
A
Disposición Adicional 1ª desta Lei 4/2007, establece para aqueles
funcionarios/as que non teñan a titulación académica, un PLAZO DE TRES (3) ANOS
tras cursar os estudios oficiais, acrediten ser poseedores da mesmas.
Dende
a entrada en vixencia de dita Lei, xa transcurriron máis de TRES (3) ANOS, dita
Disposición Adicional Primeira, establece que transcurrido este tempo, aquelas
prazas na que os séus titulares non acrediten ter os estudios académicos, deben
ser declaradas “A EXTINGUIR”
Todo
o exposto anteriormente, foi exposto por esta Concelleira no Pleno Ordinario do
27 de setembro do 2.013, recibindo unha resposta nin satisfactoria, nin
convincente, dado que existe a discrepancia de si afecta dita normativa a
Policía Local ou somentes a funcionarios, entendendo esta parte que fai
referencia a tódolos funcionarios, incluída a Policia Local.
Por
todo elo, dende Converxencia Galega, vimos a,
S O L I
C I T A R:
a).-
Relación nominal dos membros da Policía Local que NON posúen a titulación
Académica Oficial requerida pola Lei 4/2007, de Coordinación das Policias
Locais de Galicia para ser funcionarios do GRUPO-1
b).-
Relación de prazas que van deden ser declaradas “A EXTINGUIR” por aplicación da
Disposición Adicional Primeira da Lei 4/2007 da Xunta de Galicia.
c).- Copia
do Expediente Administrativo elaborado polo Departamento Xurídico sobre as
prazas a extinguir.
A Guarda, a 27 de novembro do 2.014
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Secretaria
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario