11 de dec. de 2014

A GUARDA

O BNG na Guarda consegue o acordo unánime contra a violencia de xénero   

 Hortensia García Díaz, concelleira do BNG na Corporación Municipal de A Guarda

 A moción nacionalista contra a violencia machista demandaba, entre outras medidas, aumentar a 18 meses as axudas a mulleres maltratadas.

 Infogauda / A Guarda

 Para o BNG na Guarda as medidas que se adoptan fronte a lacra da violencia machista son claramente insuficientes polo que solicitaba a regulación das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, co obxectivo de establecer baremos de renda inferiores aos de anos anteriores e a ampliación das mesmas a 18 meses prorrogábeis até 24 segundo a situación da vítima.  

“É necesario tomar medidas urxentes contra a violencia machista que día a día sofren moitas mulleres deste país. Non podemos continuar a contar o número de mulleres vítimas de todo tipo de agresións, mesmo a morte. É hora de trasladar ás mulleres un verdadeiro apoio, dende os concellos e dende todos os sectores da cidadanía, e garantir o dereito a unha vida digna sen violencia”, afirma a concelleira nacionalista Hortensia García.

 Outra das propostas aprobadas na moción do BNG facían referencia ao cumprimento da normativa en publicidade sexista e ao rexeitamento de declaracións machistas por parte de cargos institucionais pedindo responsabilidades políticas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario