DEPORTES
A GUARDA HOCKEY LIÑA PRESENTA NOVO PATROCINADOR
Miguel Fernández Lomba / A Guarda
O clube guardés A Guarda Hockey Liña organiza o vindeiro sábado día 13 de decembro, a partires das oito da tarde un evento que servirá de peche a pretempada e coma presentación do acordo de sponsorización acadado co Banco Mediolanum.
O Clube introdutor desta disciplina no sur de Galiza desexa convidar a afeccionados, veciños e medios á posta de largo de esta ilusionante campaña, na que os da Guarda competirán alomenos nas Ligas Autonómicas que se han celebrar por primeira vez, de forma oficial, na Comunidade galega. Este sábado coma derradeira proba de toque poderemos vibrar con dous emocionantes encontros: un disputaráno as xoves promesas do hockey guardés e no outro poderemos disfrutar dun derbi en toda regra entre os equipos A Guarda Hockey Liña e Vigo Blueringed.
Asimesmo o equipo da vila aproveitará o evento para presentar en sociedade a colaboración acadada co Banco Mediolanum así coma as novas equipacións para esta importante campaña.
Estades todos convidados a achegarvos ó pavillón do Colexio As Solanas da Guarda, a partires das oito da tarde para desfrutar do mellor hockey liña: Adrenalina en estado puro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario