28 de nov. de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DETECTA VARIOS VERTEDOIROS CLANDESTINOS DE ENTULLO DE OBRAS 


Infogauda / A Guarda
 O Grupo Municipal Converxencia Galega ven de comunicar o concello de A Guarda á existencia de varios vertedoiros clandestinos de entullo de obras. Na súa comunicación o Responsable Local de CG, di textualmente o seguinte:

VERTEDOIROS INCONTROLADOS POR TODAS PARTES 
 Calquer persoa que camiñe ou circule pola estrada (un bó tramo da mesma é de uso para os peregrinos que transitan polo Camiño Portugués pola Costa)  dende As Loucenzas hacia Portecelo, Oia, Baiona,... pode ademais de contemplar a lumunisidade do Océano Atlántico do “noso mar”, cún expectáculo que cada vez ten maior expansión, sin que os nosos “rexidores” se den por aludidos, e “miren cara o monte” para non enteirarse máis que de pasar por caixa a fin de mes.

 Dende o peche do vertedoiro den entullos, no noso concello, non se fai seguimento a donde van parar os restos de obra –principalmente menores- que se densenrrolan no noso territorio, e iso que teñen a ventaxa de expedir as licencias para levar a cabo as mesmas.

 Temos que sinalar, que non sirve como disculpa que seguramente algúns destes restos son de obras feitas en concellos limítrofes, seguro que sí, pero namellor teñen que revisar os horarios do Punto Limpo, o sistema de recollida ou a circulación e operativos que fai a Policía Local, xa que sería bó coñecer –aparte das multas en Zona Azul con que premian aos veciños- expedientes abertos, sancións e controles [que] se teñen levado a cabo por parte do Departamento do Concelleiro Liberado e casi xubilado con cartos dos veciños, sen contar o que corresponda pola empresa automobilística, ¿¿Responsable?? de Tráfico e seus subordinados neste eido. Sin temor a equivocarnos, podemos sinalar que ningunha, xa que esa zona non lles queda no traxecto da casa o “cuartelillo” polo que non fan ningún control, non sexa que se manchen.


 Seguimos sinalando dende Converxencia Galega, que unha imaxe vale máis que mil palabras, -neste caso, máis que mil cascallos- para que a veira da estrada sinalada, as propiedades privadas e vías públicas están sendo invadidas non por prantas tropicais e exóticas, senón por restos de obras de todo tipo, ante a pasividade, a deixadez e abandono a que o Grupo de Goberno Municipal do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, ten sometido a Vila de A Guarda, dende que o inicio desta lexislatura se lles esgotaron as ideas e as enerxías para loitar de maneira que o noso pobo está non paralizado, senón en retroceso.
A Guarda, a 27 de novembro do 2.014
 Xosé María Martínez Rodríguez
 Responsable Local de Converxencia Galega 


Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda   

Ningún comentario:

Publicar un comentario