28 de nov. de 2014

GONDOMAR

ESTE VENRES TERÁ LUGAR A SINATURA DO CONVENIO QUE REXERÁ A CUSTODIA DA DOCUMENTACIÓN SOBOR DE VICTORIANO TAIBO

Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoranos vén traballando dende hai moitos anos na recuperación da figura e traxectoria do mestre e literato Victoriano Taibo García. Mestre de Morgadáns na primeira metade do século XX, membro da RAG e autor de varias obras literarias; os fondos coa documentación que permitirá afondar no estudo da súa obra será entregada en custodia ao IEM por parte dos seus descendentes.  

 Este venres  27 de novembro ás 17:30 horas terá lugar a sinatura do convenio que rexerá a custodia, que se fará efectivan un espazo permanente na Aula de Cultura Ponte de Rosas onde se amosarán documentos e diversos materiais vinculados a Victoriano Taibo. 

 O acto será aberto aos medios de comunicación polo cal achegamos a seguinte convocatoria co desexo de contar coa vosa presenza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario