ATLETISMO
ELÍAS SALVADOR DOMÍNGUEZ CABRAL GAÑADOR ABSOLUTO DA I CARREIRA POPULAR ALTOS DE TORONA
A primeira fémina clasificada foi María Soledad Castro Soliño
Elías Salvador Domínguez Cabral - no centro da imaxe -, flanqueado a súa dereita por Jesús González Álvarez e a súa esquerda por Pablo Lorenzo Formigo - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / Tomiño
Con unha participación de preto de 300 atletas, dos cales 246 completaron á proba, e con unha demora de uns 45 minutos sobre o horario previsto pola organización debido a un problema de loxística, orixinado por un pequeno sinistro con leves danos materiais que sofreu un autobús que transportaba a algúns participantes en dirección á liña de saída; este sábado día 13 de setembro tivo lugar en Tomiño, a primeira edición da Carreira Popular Altos de Torona. Un evento deportivo que tivo súa saída na Praza do Seixo e logo de completar un percorrido urbán, os atletas enfiarían polo Barrio de Mosteiro en dirección a Vilachán, para desde alí comezar á subida o miradoiro das adegas Altos de Torona, onde se atopaba á liña de meta, e onde moitos afeizoados agardaban á chegada dos corredores.
Como se prevía á temperatura foi semellante a dos días precedentes, aínda que probablemente debido á demora en darse á saída, poida que á incidencia nos atletas fose menor da que se contaba.
Desde os primeiros minutos da proba, o pontevedrés Elías Salvador Domínguez Cabral, do New Balance Team, fíxose do mando da carreira e non tivo atleta que lle xerase inquedanza, chegando a liña de meta en primeira posición, con un rexistro de 00:25:03.
En segunda posición entraría o tudense Jesús González Álvarez, do C.N.P., con un tempo de 00:25:59.
En tercer lugar, cruzaría a meta o atleta de Poio, Pablo Lorenzo Formigo, con un tempo de 00:26:55.
A primeira fémina clasificada foi a atleta de Mos, María Soledad Castro Soliño, do Comesaña Sporting Club, con un tempo de 00:30:38.
A segunda fémina en chegar a liña de meta foi Sara Pérez Rodríguez, de Mos, do Comesaña Sporting Club, con un tempo de 00:30:49.
A terceira atleta foi Nuria Domínguez Asensio, de Tui, pertencente o clube Remo Tui, con un crono de 00:33:33.
Rematada á proba absoluta que contou con un percorrido de 6.700 metros, e logo de serlles entregadas a cada corredor participante unha botella de viño Altos de Torona, así como cervexa, auga e iogures, terían lugar ás carreiras dos atletas máis noviños.
Luisa Fernández, do clube Sociedade Atlética do Trega, logo de recibir o seu trofeo - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Manuel Flores Cerqueira logo de receber da concelleira de Cultura de Tomiño, o trofeo o 1º clasificado da súa categoría (Veteranos E Masculina) - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Logo de concluiren ás probas dos picariños, tivo lugar á entrega de trofeos os clubes con máis atletas participantes, así como o primeiro atleta de cada categoría, e os tres primeiros clasificados en homes e féminas. Na entrega dos premios participaron concelleiros de Tomiño e O Rosal, así como o empresario tomiñés Horario Gómez, propietario da Adega Altos de Torona e de DISGOBE, entre outras empresas do sector da alimentación.
María Soledad Castro Soliño - no centro da imaxe -, vencedora en féminas, flanqueda a súa dereita por Sara Pérez Rodríguez e a súa esquerda por Nuria Domínguez Asensio - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Compre salientar que varias persoas pertencentes a SOS Tomiño Baixo Miño, recollían os productos de alimentación que aportaron tódolos participantes na carreira absoluta, e vendían rifas solidarias para o sorteo dunha obra escultórica realizada polo artista Carlos Fierro, de Goián. O número premiado será o que coincida coas 4 últimas cofras do primeiro premio da Loteiría de Reises, do 6 de xaneiro de 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario