13 de set. de 2014

A GUARDA

 TRIKE DRIFT NO MONTE SANTA TREGA


Reportaxe fotográfica:  Tini Andrés

Infogauda / A Guarda

 Arredor das 21:00 horas de un día desta semana, precedidos por "(...) un coche turismo  para avisar si teñen que ir por o carril dereito ou poden coller a todo ancho, porque baixan a 40/50 de velocidade. Detrás a moto (...)", púdose ollar na estrada do Monte Santa Trega a un grupo de mozos que practican Trike Drift, unha actividade deportiva que día a día vai gañando adeptos e que nesta zoa xa conta con un equipo de referencia: Baixo Miño Drift Trike.

 O Trike Drift e un deporte que consiste en facer drift (derrapar) con un triciclo.

 Os triciclos de drift son os vehículos que adoitan utilizar para practicar esta modalidade de descenso. Xurdiu en New Zealand, onde está recoñecido oficialmente como deporte, e onde moitas persoas o practican, xa que hai varias competicions e mesmo equipos profisionais.


 Esta modalidade deportiva estáse extendendo de xeito imparábel por tódolos continentes. No estado español hai varios equipos en varias Comunidades Autónomas.

 Para ás persoas que practican Trike Drift o mellor desta actividade é a própia fabricación dos triciclos - ainda que tamén hai firmas especializadas -, e logo disfroitar das baixadas. 


 Básicamente, os Drift Trikes teñen unha estructura de bicicleta de tres rodas - unha dianteira e dúas traseiras -, con rodas de 20″. Van provistas de sistema de freado dianteiro e as rodas traseiras están feitas con materiais esvarantes, o que lles permete derrapar a alta velocidade, facer xiros de 360º ou máis, pór o Trike a dúas rodas -a dianteira e unha traseira - o incluso levanta-lo freando a roda dianteira.








Ningún comentario:

Publicar un comentario