O irmán de Rosalía de Castro que modifica a biografía da poeta
Rosalía de Castro
Tivo Rosalía de Castro un irmán? Segundo as memorias de Luís Tobío Campos -pai de Lois Tobío, un dos autores do Estatuto e curmán da nai da poeta,- Teresa de Castro e o capelán José Martínez Viojo tiveron outro fillo, o que demostraría que a súa relación foi distinta á como foi contada. A investigadora Marga do Val ofrécenos novos datos para a biografía da poeta fundadora da literatura contemporánea galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario