25 de ago. de 2014

PONTEVEDRA

Ante a gran cantidade de consultas recibidas no centro por persoas preocupadas pola presenza deste insecto
                       
AREEIRO ACHEGA DATOS PARA AXUDAR Á POBOACIÓN A DIFERENCIAR ENTRE A AVESPA ASIÁTICA E A AUTÓCTONA
·       Recomenda avisar ao 012 en caso de ver un niño de vespa asiática
Infogauda / Pontevedra

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro acaba de emitir un informe no que achega datos que poden ser de utilidade para que a poboación diferencie a avespa asiática da avespa autóctona. Este centro, dependente da Deputación de Pontevedra, quere así contribuír a aclarar dúbidas e a tranquilizar á poboación, ante o elevado número de consultas recibidas na Estación.
Areeiro lembra que, no caso de detectar un niño de avespas asiáticas, débese avisar ao 012 e recomenda que non achegarse a el, especialmente en horario diúrno, que é cando as avespas entran e saen do seu niño.
Na web da Estación Fitopatolóxica poden consultarse as principais diferenzas (en canto a tamaño, niños, formas e cor de patas, tórax e abdome) entre a avespa asiática, a común e a autóctona, sendo esta última a que máis doado resulta confundir coa asiática, dado que teñen un tamaño similar.


Avispa asiática (Vespa velutina)

Avispón europeo (Vespa crabro)

Avispa común (Vespula vulgaris)
Tamaño
Hasta 30 mm de longitud

Hasta 35 mm de longitud

Hasta 15 mm de longitud
Tórax
Negro y aterciopelado

Negro con zonas castaño-rojizas

Negro con manchas amarillas
Patas
Negras, con el final (tarsos) amarillo

Marrón rojizas

Amarillas
Abdomen
Marrón oscuro a negro con bordes finos de color amarillo y hacia el final del cuerpo(casi todo el 4º segmento) enteramente amarillo-naranja

Amarillo con manchas oscuras

Negro con bandas amarillas
Nidos
Sobre todo en árboles (y más en frondosas)

En construcciones

Bajo tierra, en huecos de árboles y construcciones

Ningún comentario:

Publicar un comentario