25 de ago. de 2014

VAL MIÑOR

Xeira do IEM pola Fraga de Oliveira



Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) 

 O vindeiro mércores 27 de agosto terá lugar unha das clásicas Xeira do IEM: pola Fraga de Oliveira. O punto de encontro será ás 17:30 horas na Praza de Abastos de Sabarís. Trátase dun percorrido cunha guía multidisciplinar a cargo de Xilberte Manso, Anxo Rodríguez Lemos e Xosé Ramón García. A ruta ten unha dificultade medio-alta  sendo necesario levar pantalóns largos e calzado para cambiar pois algúns dos tramos implica atravesar regatos, que aínda que ten un caudal pequeno, o calzado vai mollarse. A actividade non require inscrición previa.

Aproximación á Xeira

O bosque de ribeira ou ameneiral que visitaremos pode aparecer coma un contorno virxe ou ben conservado de antigo. De feito, sabemos pola historia recente que non é así, e que a súa actual situación débese máis ben á perda de integración nos modos de vida tradicionais. Non hai nada que estes camiños eran percorridos no seu momento por burros e mulas que portaban o gran destinado aos moitos muíños que funcionaban, coas súas correspondentes canles, ou a fariña na que o gran se convertía.

Isto lévamos a que poidamos atopar non só as especies vexetais máis habituais nos bosques de ribeira típicos -ás que de seguido nos imos referir-, senón tamén con outras que proceden de antigos ou novos cultivos ou de comunidades vexetais próximas, como acontece cos eucaliptos (Eucalyptusglobulus) ou cos carballos (Quercusrobur) e castiñeiros (Castanea sativa).

Ningún comentario:

Publicar un comentario