5 de xul. de 2014

CULTURA

RECANTO DA ARTE

CAÍNO VASCONCELLOS: O PINTOR DA BAIONA ETERNA

"(...) O currículo e o camiño percorrido, de traballo, de loita, de ilusión,..., para chegar a tocar un anaco do paraíso".

Caíno Vasconcellos Cabral no seu estudo

Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona


Claudio Vasconcellos Cabral (Caíno), artista de formación autodidacta, é sen lugar á dúbidas, un pintor comprometido co seu pobo. Natural e veciño de Baiona, Caíno vive por e para á Arte.

Na década dos 70, do século XX, comezou con gran éxito súa carreira en Gran Bretaña. Alí definiríase o que sería o artista que é desde fai xa unhas décadas. Nesa época amósase inquedo, o querer aproveitar ao máximo o seu tempo. Visita asiduamente a National Gallery e a Tate Gallery, onde estuda de xeito directo a pintura moderna e os clásicos, ao tempo que realiza exposicións cun grupo de pintores en Hyde Park.

Despois da súa estadía nas Illas Británicas, instálase definitivamente en Baiona (Pontevedra), e adícase ao ensino un curto período de tempo. Traballa a cotío co óleo, e tamén con acuarelas e a tinta chinesa, realizando ilustracións a plumilla para libros e colaborando coa prensa cos seus debuxos e pinturas.

                                               "Máscaras no Piñeiro", de Caíno

Na súa vivenda estudo, rodeado dos seus canciños, o pintor exerce á labor que máis lle satisface: Pintar.

Do seu maxín xurden figuras de enigmáticas olladas, anatomías rotundas, de volumes non suxeitos á ningún tipo de escravitude estética. Mulleres, homes e picariños. Corpos espidos, paisaxes, romarías,...

A fonte nutricia da súa creatividade reside na súa própia memoria e na mesma vila baionesa. O exercicio de crear non ten segredos para Caíno. Non soio como pintor, senón como poeta, de verso libre e persoal, como os incruídos na publicación “As portas ausentes”, unha autoedición que presentou en abril de 2011 en Baiona. 

Se pretende-lo Caíno é novamente noticia. Nesta ocasión porque ata finais deste mes de xullo de 2014, presenta unha nova exposición na Galería Sargadelos, de Baiona.


Co pintor baionés, vimos de manter no seu estudo do Laureiral, á seguinte entrevista:

Que supón para o pintor Caíno voltar á expór en Baiona, súa vila natal?
- Un xeito de dar á coñecer novos traballos feitos o longo do ano, algúns xa amosados nas exposicions de Madrid e Monforte de Lemos. Ademais de algunhas pezas diferentes das que fixen ata agora, con temática e concepción máis contemporánea.

Cómo definiría súa obra máis recente?
- De reflexión e inquedanza, pois trato de atopar dentro do difícil mapa da Arte novos vieiros cos que disfrutar e satisfacer a miña ansiedade constante de búsqueda.

Cáles son hoxendía ás preferenzas temáticas de Caíno?
- As de sempre, pero mellorando os motivos e pensando en novas linguaxes e universos, para construir beleza, de un xeito persoal, e que se note a miña pegada nos traballos, para que os visitantes perciban o que eu lles quero transmitir e disfruten dabondo.

Técnicamente, á execución das súas obras ten un proceso moi personal, que poderíamos definir como de transmutación matérica. Cal é o segredo desa alquimia pictórica?
 - Traballo con pó de mármore, acrílicos, xeso,..., porque esa materia espallada no lenzo, permíteme atopar ás texturas das casas de cal e pedra nas que pintaba de neno, con caleón, os primeiros dibuxos da miña infancia.

  Permíteme pintar e repintar. Construir e deconstruir. Coa libertade pra facer formas e texturas, que soio con óleo non podería lograr.

Desde fai anos, vostede vive plenamente adicado á pintura. Porqué renunciou a que poderíamos definir como unha vida convencional e adoitou un compromiso vocacional coa Arte?
- Vivo da pintura e amo a pintura. Para mín é a vida. A miña vocación. E un xeito de plasmar e transmitir a visión e a Arte que levo dentro. Ese universo de cor, harmonía e tenrura.
  

 "A noite azul", de Caíno

Cómo é un día calquera na vida cotiá de Caíno, en calquer época?
- Pintar, vivir, amar, soñar, ... e disfroitar da libertade e da fermosura da vida, con ás persoas, canciños e cousas que amo.

Este ano ven de expór en Monforte de Lemos, e agora faino en Baiona. Tén prevista algunha exposición máis para este 2014?
- Non! Soio quero pintar e facer algo que me satisfaga, e cando teña obras dabondo, entón procurar un espazo axeitado.

A miña idea agora e traballar para unha exposición en Vigo ou en Ourense, pero con pintura máis contemporánea, onde poida mostrar novas linguaxes para chegar a novos públicos con outro xeito de mirar á Arte e a vida.

Qué tipo de obras presenta Caíno na exposición que estes días presenta na Galería Sargadelos de Baiona?
- A temática e a de sempre, pero mellorando e abrindo novas vías para o futuro, tratando de atopar o que desexa o espectador.

Caíno ten exposto en Baiona, Vigo, Tui, Ourense, Madrid, New York,..., e súa obra está espallada polos cinco continentes. Que conleva para vostede ese currículo?
- Moita satisfacción, compromiso e agradecemento ás persoas que me axudaron a chegar ata aquí. 

O currículo e o camiño percorrido, de traballo, de loita, de ilusión,..., para chegar a tocar un anaco do paraíso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario