5 de xul. de 2014

A GUARDA

PAGARÁ OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA?

                                                       Foto: Converxencia Galega

 Diante da “caza azul” que practican os “muchachos de Pauli”, os veciños/as teñen que “queimar neuronas” para conseguir  poder aparcar cerca do seu negocio ou facer carga e descarga sin ser “atacado” polos do coche azul.

 Moitos están a espera de que chegue  a tempada estival para mirar si actúan ca mesma celeridade con quen nos visita (cando hai maior descontrol e abuso no tráfico) ou somentes actúan para o vecindario.

 Ainda que paréz que que xa se están relaxando en non acuden de seguido o adro da igrexa parroquial, hai lugares que son de visita permanente, e non sirven excusas si se demoran máis de dez minutos ou esqueceron colocar o reloxo.

  Seguimos ollando mostras da picaresca en diversos lugares, “maioritariamente” por donde non “furrula” o persoal, e así plantexamos a dúbida, se non é reserva de zona de aparcamento. Pagará ocupación de vía pública?

  O “Inqui and Cía” nos darán resposta noutra entrega.

       Xosé María Martínez Rodríguez 
Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario