A
escaseza de días de frío durante o inverno, pode estar detrás da redución da
colleita que se prevé este ano
OS
TRATAMENTOS CONSEGUIRON FREAR A EVOLUCIÓN DO MILDIU NESTES MOMENTOS, PERO O
RISCO DE REAPARICIÓN SEGUE SENDO ELEVADO
·
As bruscas variacións meteorolóxicas crearon o clima propicio para o
desenvolvemento da enfermidade, que a principios de maio xa afectaba a
numerosas parcelas
“Período de máximo risco”. Esa é a situación
na que se atopa nestes momentos o viñedo na provincia de Pontevedra, segundo asegurou
esta mañá o responsable da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Pedro Mansilla.
Mansilla,
que compareceu xunto co presidente da Deputación, Rafael Louzán, na rolda de
prensa posterior á Xunta de Goberno, informou que o ataque de mildiu que xa
desde principios de maio afectou a numerosas parcelas, está nestes momentos
“moi ben controlado”, pero iso non pode levar a baixar a garda dado que
“estamos no período de máximo risco para o viñedo porque xa está en floración e
xogámonos a colleita de todo o ano”.
De
feito, na visita que durante esta mañá están a realizar os técnicos de Areeiro
ás parcelas da comarca de O Salnés puideron comprobar que, aínda que o uso
correcto de tratamentos conseguiu frear o avance da enfermidade, nas parcelas
testemuña –que non se tratan– detéctanse xa novos brotes de infección, polo que
é preciso “extremar as precaucións e estar moi atentos” ante a posible
reaparición do mildiu, especialmente tendo en conta que as predicións
meteorolóxicas falan de choivas abondosas a partir do xoves con baixadas de
temperatura nocturnas, o que favorece o desenvolvemento da enfermidade.
Avisos semanais
Neste
sentido, Rafael Louzán destacou o papel que a Deputación de Pontevedra, a
través de Areeiro, está a realizar para axudar a todos os viticultores a
controlar as diferentes pragas e enfermidades que afectan ao viñedo e a outros
frutais e lembrou que, ademais dos avisos e recomendacións que xa reciben de
forma directa todos os que forman parte do proxecto Viñas Atlánticas, calquera
persoa interesada pode obter información detallada das recomendacións para o
viñedo todas as semanas a través da páxina de Areeiro.
Louzán
lembrou que “este é un momento crucial no sector vitivinícola” e as “bruscas
variacións meteorolóxicas” que se están a dar nestes días e durante toda a
primaveira poden favorecer a proliferación do mildiu que, tal e como indicou
Mansilla, é unha enfermidade para a que desde Areeiro xa se prevía “un ano
complicado” debido, precisamente, ás oscilacións térmicas e meteorolóxicas.
Por
iso, é recomendable un seguimento exhaustivo das parcelas e estar atento aos
avisos que semanalmente emite Areeiro sobre o estado das viñas e as
recomendacións para o seu tratamento, que poden permitir atallar o problema.
No
que respecta ás demais enfermidades, como o oidio, as acariosis ou a polilla,
Mansilla indicou que este ano “están afectando moi pouco” ao viñedo.
Menor colleita
No
que respecta á preocupación dos viticultores pola posible redución da produción
este ano, Mansilla asegurou que non existe unha “razón patolóxica”, pero si
pode estar relacionada coas escasas horas de frío do inverno.
“As horas
de frío –asegurou- son fundamentais para poder ter unha boa colleita, para que
se diferencien as xemas e haxa froito”. De feito, pódese calcular que o albariño
precisaría unhas 700 horas de frío “e en ningunha parte da provincia se chegou
a ese punto este inverno”.
Malia
todo, haberá que agardar aínda para valorar se realmente existe esa redución da
produción e en canto se cifra a mesma, máis tendo en conta que se está a
comparar coa colleita de 2013, que fora extraordinariamente positiva.
Neste
sentido, tanto Louzán como Mansilla indicaron que, no que respecta á
fitopatoloxía, haberá que agardar a finais do mes de xuño para comprobar a
afectación total do mildiu, dado que será nese momento cando se poida
considerar “superado o período de máximo risco”

Ningún comentario:
Publicar un comentario