EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUCTOS ARTESANAIS NA CASA DAS INGLESAS
Será o sábado día 3 de maio, pola tarde
Susi Venbeck nunha imaxe de arquivo, cando expuxo tapices Patchwork
Foto: Infogauda
Infogauda / San Miguel de Tabagón
O sábado día 3 de maio, desde ás 15:00 ata ás 21:00 horas, á Casa das Inglesas - Rúa Santiago Ruiz, nº 10, en San Miguel de Tabagón (O Rosal) - acollerá unha exposición e venda de productos artesanais, feitos por Susi Venbeck e pola súa compañeira Karen Steward, e na que tamén participarán outras persoas amigas.
Se queredes pasar unha tarde de sábado ben diferente, achegádevos ata á Casa das Inglesas e veredes verdadeiros productos artesans (licores, marmeladas, salsas,...), e tamén haberá postos atendidos por outras persoas británicas que viven en Portugal, e que traerán café e chocolate de comercio xusto, xabrón, plantas,..., e moitas cousas máis.
Suxerimos que deixedes os coches na Alameda de San Miguel, e dar un paseo ata alí.

Ningún comentario:
Publicar un comentario