Son maioritariamente sociedades de responsabilidade
limitada e autónomos
PRETO DE 1.000
EMPRESAS SOLICITAN PARTICIPAR NO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL POSTO EN MARCHA
POLA DEPUTACIÓN
·
No mes de xullo abrirase o prazo para a presentación de
solicitudes por parte dos bolseiros
·
Nas vindeiras semanas, analizaranse as propostas das
empresas para establecer as titulacións que demandan
Preto de 1.000 empresas (987) solicitaron adherirse ao II
Plan de Práctica Laboral posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e que permitirá que entre 400 e 500 titulados
universitarios e de ciclos superiores de FP poidan realizar prácticas nas áreas
de coñecemento nas que se formaron.
Así o anunciou esta mañá en rolda de prensa o presidente
da Deputación, Rafael Louzán, que incidiu en que se trata dunha liña de
traballo que busca dous obxectivos fundamentais: por unha banda, axudar a
fortalecer o tecido empresarial da provincia e, pola outra, dar unha
oportunidade a mozos e mozas titulados que nunca antes tiveron ocasión de
acceder ao mercado laboral.
Proceso de
selección
Nos meses de maio e xuño procederase ao estudo das
solicitudes presentadas polas empresas, comprobando a documentación e valorando
as distintas propostas, co obxectivo de seleccionar as que finalmente
participarán no programa e de definir o perfil de bolseiro que demandan, que na
anterior edición do plan incluíu 113 titulacións.
Á hora de seleccionar as empresas, o presidente da
Deputación subliñou que se dará absoluta prioridade ás empresas que, cumprindo
con todos os requisitos esixidos, maiores garantías ofrezan de consolidación do
posto de traballo.
Unha vez seleccionadas e decidido o número de bolseiros
que se lle adxudica, procederase á convocatoria das bolsas, que se realizará no
mes de xullo.
Inicialmente, a Administración provincial convocará entre
400 e 500 bolsas de un ano de duración, pero non se descarta a posibilidade de
incrementar este número en función da calidade dos proxectos presentados polas
empresas e da demanda de bolsas que realicen os titulados.
500 bolseiros
nos concellos
Rafael Louzán amosouse confiado en que este II Plan de
Práctica Laboral en empresas resulte igual de exitoso que o anterior e que o
posto en marcha no seu momento para prácticas na administración local.
En relación a este último, indicou que nestes meses
estase a rematar a bolsa dos 500 mozos e mozas que participaron nesta primeira
iniciativa e que desenvolven as súas prácticas en concellos da provincia e en
diferentes departamentos da administración provincial cun elevado grao de
satisfacción por todas as partes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario