A CIG anuncia a presentación dunha querela criminal contra responsábeis das caixas pola emisión de preferentes
Acúsaos de estafa, apropiación indebida, publicidade enganosa, falsidade de contas, administración fraudulenta, información privilexiada e alteración do prezo das cousas
A CIG vén de anunciar a presentación dunha querela criminal, nesta mesma semana, contra un total de 79 persoas -xa identificadas-, sen prexuízo de que poida ampliarse a outras persoas e/ou organismos, pola comisión dos presuntos delitos de estafa, apropiación indebida, estafa de investidores, publicidade enganosa, falsidade de contas anuais, administración fraudulenta ou desleal, abuso de información privilexiada e maquinación para alterar o prezo das cousas pola emisión de preferentes e obrigas subordinadas. Entre outras están os exdirectivos das antigas caixas, Caixa Galicia e Caixanova, os directivos de Novagalicia banco e os membros dos Consellos de Administración das entidades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario