25 de abr. de 2014

DEPORTES

Rafael Louzán subliña que así dase resposta a unha necesidades reiterada por moitos deportistas da provincia

A DEPUTACIÓN DESTINA 150.000 EUROS A FACILITAR A PARTICIPACIÓN DE DEPORTISTAS PONTEVEDRESES EN COMPETICIÓNS NACIONAIS E INTERNACIONAIS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe as bases das axudas que a Administración Provincial pon en marcha co obxectivo de facilitar a participación de deportistas pontevedreses en competicións nacionais e internacionais de carácter extraordinario, para o que destinará un total de 150.000 euros.
As axudas destinaranse a financiar a participación nas competicións deportivas celebradas fóra de Galicia tanto a nivel estatal como europeo ou mundial; e poderán acollerse a elas os deportistas individuais e os clubs e entidades deportivas.
Esta nova liña de axudas –que recolle o orzamento da Gala do Deporte que este ano non se celebrará, notablemente incrementada– vén a dar resposta a unha necesidade reiterada por moitos deportistas, que teñen dificultades para participar en competicións fóra do ámbito galego por problemas para financiar os desprazamentos e os custes da súa participación.

Neste sentido, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, incidiu en que a Deputación “está facendo o que toca neste momento” que é  apoiar aos que máis o precisan e favorecer así a presenza dos xogadores pontevedreses nas competicións nacionais e internacionais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario