O obxectivo é que ningunha persoa que o precise e reúna
os requisitos, se quede sen atención
A DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA INCREMENTA EN 220.000 EUROS A ACHEGA DESTINADA AO SERVIZO DE AXUDA
NO FOGAR
·
A achega da Administración provincial ao financiamento
dos servizos sociais comunitarios sitúase así nos 2,5 millóns de euros
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou esta mañá
incrementar en 220.000 euros a contía que a Administración Provincial destina
ao financiamento dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de
20.000 habitantes, que acada así a contía total de 2,5 millóns de euros.
Con esta achega preténdese dar resposta á demanda que os concellos teñen en
materia de axuda no fogar e evitar que persoas que precisan deste servizo e reúnen
os requisitos queden desatendidas.
A decisión adoptouse despois de coñecer as necesidades de cada un dos
concellos que se acolleron a estas achegas e que permitiu determinar que a
demanda de axuda no fogar nalgúns concellos requiría dun incremento na partida
inicialmente disposta para este servizo.
Os concellos beneficiarios poderán ser O Covelo, Catoira, As Neves, Moraña,
Cuntis, Ponte Caldelas, Vilaboa, Valga, Soutomaior, Salceda de Caselas,
Silleda, Salvaterra de Miño, Baiona, Bueu, cambados, Gondomar, Poio, Tui,
Sanxenxo, Nigrán e Moaña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario